Mostrando entradas con la etiqueta QUEDA NA CASA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta QUEDA NA CASA. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de junio de 2020

DESPEDIDA DE CURSO: APAGA E ÍMONOS



Xa acaba o mes xuño e con el vén a despedida do curso escolar 19/20. 
E que mellor maneira de rematar que cunha poesía dun antigo compañeiro, profesor do noso instituto e poeta.
Estas verbas que aparecen no poema: distancia, maldición, dureza, ausencia poden ser un resumo do pasado nestes meses de confinamento. 
Qué opinades?
Se vos apetece ler máis poesía de Manuel Blanco, aquí tedes o título do libro. 

Non perdades a ocasión de desfrutar da lectura. 
E xa sabedes que aínda que marchemos de vacacións, un libro sempre é un bo compañeiro de viaxe.
Na entrada do IES tedes libros que podedes levar para o verán e devolver en setembro. Só tedes que apuntar o nome e número de lector e o título do libro que levades. Tamén podedes facer a devolución dos empréstitos feitos durante o curso

E se queredes facernos partícipes das vosas xornadas de lecer, podedes enviarnos fotos do voso verán en distintas poses (como se estiverades buceando,escalando ou de safari, o que se vos ocurra)  pero sempre na man co voso libro favorito. 
Xa coñecedes o mail da nosa biblioteca: biblioieslaboral@gmail.com



¡ NOS LO HEMOS GANADO! 





miércoles, 17 de junio de 2020

PROFE MARISOL, QUE LIBRO ESTÁS A LER?


Boa tarde!
Seguimos aquí coa nosa cadea literaria. 
Nesta ocasión contamos coa profe Marisol de FOL que nos vai recomendar un libro dun autor holandés. Un dos seus favoritos!
Estade atentos! 
Tamén, coñeceremos á nosa próxima proposta.
 Quen pensades que pode ser?

Profe Marisol, que libro estás a ler?



 
  A seguinte proposta é...
 





martes, 2 de junio de 2020

CITA A CEGAS CUN LIBRO




Ola rapaces e rapazas! Esta vez a actividade que propoñemos dende a biblioteca do noso IES vai dirixida a todos vós, a toda á comunidade educativa.


E en que consiste esta proposta?

Cada alumno ou alumna escolle un libro (que recomende, moito mellor), 
o envolve e so escribe unhas pistas no envoltorio (estilo, temática, época...); 
e debemos tratar de adiviñar de que libro se trata.

O marcapáxinas pode ir aí fóra como parte da decoración con frases que motiven a ler!




Desexamos que vos animades a ir facendo algún, e que cada suxestión abra as portas doutras aprendizaxes e experiencias!

Moita forza!

viernes, 29 de mayo de 2020

PROFE ROSA, QUE LIBRO ESTÁS A LER?

Bo día! 

Hoxe temos con nós a nosa querida profesora Rosa que nos vai contar que libros está a ler neste confinamento.
Tomade nota porque as súas aportacións literarias son realmente interesantes.


domingo, 24 de mayo de 2020

O CADÁVER EXQUISITO 2



Bo día! 
 
Aquí tendes unha pequena mostra do libro colaborativo que estades facendo. Sí, o estades facendo entre todos e todas.
Esperamos que sigades animados a participar e  colaborar para facer un relato con todas as vosas aportacións.
Podedes facelo a través de Comentarios no propio blog ou ben mandando a vosa continuación da historia ao email da biblioteca: biblioieslaboral@gmail.com


Para máis información:  https://biblioieslaboral.blogspot.com/2020/05/o-cadaver-exquisito-xogamos.html

lunes, 18 de mayo de 2020

PROFE RICARDO, QUE LIBRO ESTÁS A LER?


Seguindo con esta iniciativa, hoxe contamos co noso profesor de Matemáticas, Ricardo que nos vai falar das súas lecturas neste confinamento.

O equipo dinamizador da biblioteca quere agradecer enormemente todo o esforzo que está a realizar o profesorado participando nesta cadea literaria. Sabemos a cantidade de traballo que supón a ensinanza a distancia e agradécese moitísimo este nivel de implicación pola súa parte neste proxecto.
É todo un orgullo!!!! 

Profe Ricardo, que libro estás a ler?



                                                             A seguinte proposta é...

domingo, 17 de mayo de 2020

XOGA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

http://www.afiestradamestra.gal/


afiestradamestra.gal tráenos polo Día das Letras Galegas un "Break Out" dixital. 



É un xogo de pistas, códigos, investigacións... como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información. 






Aquí tedes o enlace:
https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20 


jueves, 14 de mayo de 2020

PROFE XULIA, QUE LIBRO ESTÁS A LER?

O reto lanzado xa foi aceptado e realizado pola nosa querida profesora de galego, Xulia e aquí tedes as súas recomendacións literarias. 

Graciñas pola túa aclaración sobre nominacións e nomeamentos. Sempre se pode aprender cada día un pouquiño máis, verdade? 
Que para iso estamos no IES! 
Para aprender entre todos e todas nesta comunidade.
Gustounos moito a túa explicación!

Polo tanto,  quen será o seguinte proposto? 
Que pensades, queridos alumnos e alumnas?


                                                    
                                                             O seguinte é...

jueves, 7 de mayo de 2020

PROFES, QUE LIBROS ESTADES A LER?

 Hoxe, comenzamos unha nova sección no blog da biblioteca do noso IES Laboral.

E, de que se trata?, preguntaredes.

Pois que cada profesor vainos contar que libro está a ler neste período de confinamento.
A que vos apetece saber máis?

Pois, ao primeiro que propoñemos para iniciar este recuncho literario é ao noso vicedirector, Alex.

Profe Alex, que libro estás a ler?



                    
                                            A seguinte proposta é...

lunes, 4 de mayo de 2020

O CADÁVER EXQUISITO, xogamos?

O cadáver exquisito é un xogo inventado polos franceses surrealistas nos anos 20.


Tomaron a base dun antigo xogo de mesa chamado “consecuencias”, no cal os participantes debían escribir sobre un papel que se dobraba para ocultar o escrito. Daquela outro xogador pasaba a escribir e así sucesivamente.


Como se xoga? 

 Cada participante debe colocar unha frase, oración ou texto.
A partir dela, o seguinte colaborador continúa coa historia e así sucesivamente. Ao final, crearase unha historia que quedará ao descuberto ao xuntar todas as partes.
O papel e as palabras non son os únicos medios para crear un cadáver exquisito. Pódense usar debuxos e, a partir disto, crear obras de arte colectivas completamente surrealistas; un dos requisitos é que todos os participantes decidan un final común para a obra, non hai un tempo definido.

 Xogamos? 


Aquí tendes o comezo da nosa obra colectiva:  


O DÍA EN QUE CAMBIOU O MUNDO  

Sabía que aquel ía ser o primeiro día do resto da súa vida. Despóis de corenta e tantos días (xa perdera a conta) de permanecer confinada na súa casa (ó igual que o reso do planeta), ese sábado, por fin, ía poder saír a correr. 
Como botaba en falta o ar limpo da mañá antes de que o denso tráfico o estragase! 
Rápidamente, puxo as mallas e unha camiseta e calzou as deportivas. Baixou polas escaleiras (mellor non usar o elevador) e con enerxía fixo uns quecementos. Con enorme gañas abriu a porta e puxo un pé na calzada, máis de súpeto, quedou paralizada. O que viu na rúa quitoulle a capacidade de movemento, pois diante dela... 
(Aportación feita pola nosa coordinadora de bibiblioteca, Cristina)


Se queredes participar, podedes deixar a vosa producción en Comentarios e entre os máis votados da semana escolleríase cal é a continuación da historia iniciada e así nas vindeiras semanas.

martes, 21 de abril de 2020

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Este ano, o 23 de abril é o día do libro máis dixital.  

Será un día atípico pero será o Día do Libro.
Para conmemorar esta data, temos a posibilidade de desfrutar dun cómic de

titulado

             Lorca: Un poeta en Nueva York

Enlace para descargar o cómic en formato pdf:
 https://comics.panini.es/noticias/articolo/lorca-un-poeta-en-nueva-york-completo-en-linea-y-para-descarga/
O presente cómic móstranos unha visión orixinal sobre a estancia de Federico García Lorca nesta cidade. Deixarémonos asaltar polas paixóns e obsesións do escritor granadino atendendo ao seu epistolario e aos testemuños de quen lle seguiu na devandita aventura. 
 Lorca, un poeta en Nova York é unha novela gráfica de Carles Esquembre, un músico e debuxante valenciano de trinta e un anos. A partir de materiais e testemuños da época, Esquembre narra a viaxe que o poeta granadino fixo a Nova York. As ilustracións, en branco e negro, son de trazo coidado e ricas en detalles. Ademais de ser un pracer recrearse nelas, é posible sentir as emocións de Lorca e a magnificencia da cidade sen nin sequera ler os diálogos. Visualmente é unha delicia, pero é que a historia que conta —a dunha época e a dun home excepcional— é cativadora. Crítica de Esther Magar
Verán de 1929. A bordo do transatlántico Olympic, acompañado do seu mellor amigo e mentor, Don Fernando dos Ríos, o poeta verase inmerso nunha convulsa travesía existencial. Atafegado polo éxito do " Romancero xitano", enfrontarase ao rexeitamento dos seus amigos Luís Buñuel e Salvador Dalí, así como ao pesar dun amor non correspondido por Emilio Aladrén. 
A estancia do poeta naquela cidade e aquel país, tan distintos á España de principios do pasado século, dotará á súa sensibilidade de múltiples estímulos. Desde Harlem ata os recunchos máis sórdidos da gran urbe, os alegres locais de jazz ou o vigoroso xentío de Coney Island, Lorca albiscará un insólito mundo de paisaxes humanas. Novas promesas tinguidas de nostalxia polo vello mundo.
  Unha lectura imprescindible para os admiradores do noso poeta máis universal!
 
 A GOZAR DA LECTURA!
 

sábado, 18 de abril de 2020

MUSEOS PARA VISITAR o Día Internacional dos MONUMENTOS E SITIOS.



10 museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online.
 O 18 de abril é do Día Internacional dos Monumentos e Sitios e para celebralo como a ocasión merece, non atopamos mellor maneira de facelo que realizar un circuíto virtual desde casa e coñecer algúns dos lugares máis espectaculares do mundo.
1. Pinacoteca di Brera – Milano https://pinacotecabrera.org/

 

2. Galleria degli Uffizi – Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

3. Musei Vaticani – Roma http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html

 

4. Museo Archeologico – Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/

5. Prado – Madrid https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

 

6. Louvre – Parigi https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne
 
7. British Museum – Londra https://www.britishmuseum.org/collection

 

8. Metropolitan Museum – New York https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage – San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj

 

10. National Gallery of art – Washington https://www.nga.gov/index.html


jueves, 16 de abril de 2020

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

Bo día!

Agora que as biblioteca están pechadas, temos o recurso de poder acudir a  recunchos virtuais coma, por exemplo a

Biblioteca Dixital Mundial
https://www.wdl.org/es/ 

 A Biblioteca incorporouse en 2011 á World Dixital Library, proxecto apoiado pola UNESCO e liderado pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos. 
 Desde a Biblioteca Dixital Mundial pódese acceder, de maneira gratuíta e en formato multilingüe, a unha selección de obras de todos os continentes, consideradas fundamentais e representativas da cultura de cada país. 
 A contribución da Biblioteca comezou cunha colección inicial de 17 obras, que en 2013 ampliouse a 35. Entre elas atópanse algunhas das xoias máis emblemáticas da colección, como o Libro das táboas alfonsíes, o Atlas de Battista Agnese, o Amadís de Gaula, o Códice Daza de Lope de Vega, O poema do Cid ou O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha.
                     Mapas, textos, fotos, grabacións e películas de todos os tempos en sete idiomas.
Aproveitade!

martes, 14 de abril de 2020

VERBAS EN POSITIVO


Bo día!

Xa estamos de volta destas vacacións un pouco atípicas. E para comezar o terceiro trimestre con moito ánimo e forza, desde a biblioteca vos propoñemos que participedes na seguinte actividade. Fixemos entre todos e todas un tarro da felicidade e gustaríanos que o enchésedes con aquilo que vos fai máis felices. 



Quen empeza? Agardamos os vosos comentarios.

viernes, 3 de abril de 2020

OPERACIÓN ESPERANZA


A COVID-19 é unha enfermidade altamente contaxiosa, por elo, na liña do resto de medidas de corentena e limitación dos contactos, os pacientes ingresados con diagnóstico positivo permanecen illados e non poden recibir visitas, nin da súa propia familia nin dos amigos, o que supón un sufrimento emocional engadido.

Para tentar darlles apoio nestes duros momentos ponse en marcha Operación Esperanza, que quere encher de cartas e verbas de ánimo cada habitación dos hospitais de Ourense.


A iniciativa xurde como resposta a procura do servizo de Atención ao Paciente e Humanización de aliviar a soidade dos pacientes e de facerlles chegar o calor humán que a cidadanía está a expresar con centos de cartas, correos e mensaxes, que están a chegar aos hospitais por diferentes vías. Para elo, ven de habilitarse un correo electrónico ao que toda a cidadanía pode enviar as súas mensaxes de alento: voluntariado.ourense@sergas.es que se recollerán nun apartado accesible nas pantallas individuais de cada cama e habitación dos hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras.

As cartas tamén poden dirixirse para dar ánimos aos profesionais Con elo preténdese poñer en contacto virtual a todos os pacientes coa cidadanía, que tamén estes días afronta un período excepcional, a maioría de corentena na casa para axudar a limitar os contaxios e vencer a pandemia, e uns poucos loitando directamente desde os seus postos de traballo esenciais para a sociedade.

Fonte:  https://www.laregion.es/articulo/ourense/asi-puedes-enviar-animos-pacientes-ourensanos-coronavirus-hospitales-ourense/20200330143455935937.html

NÓS XA ENVIAMOS O MAIL:





E ti a que esperas?

MISTERIO NO BOTÁNICO.




Bo día!

Comezamos a partir de hoxe as vacacións de Semana Santa!!! Pero non vos imos deixar descansar sen antes resolver un misterio. 

http://www.rjb.csic.es/Botanico/misterio.php 



Esta mañá, os xornais informan sobre un estraño suceso… atopouse un cadáver nun escampado… pistas forenses… o escenario do crime puido ser o Real Xardín Botánico (CSIC)… E os sospeitosos? Hai varios entre o persoal.

 Convértete en detective. Un asasinato, seis sospeitosos, sete pistas e un espectacular xardín. 

Achégate e trata de resolver o misterioso asasinato ocorrido no corazón de Madrid, no Real Xardín Botánico (CSIC). 

Ao longo de 7 paneis interactivos, que poñerán a proba a túa perspicacia e os teus coñecementos en Botánica, terás a oportunidade de atopar ao culpable. Achégate e xoga! 

 Co patrocinio da FECYT, as unidades de Cultura Científica do Real Xardín Botánico, CSIC, en Madrid e do Jardí Botànic da Universitat de València, prepararon esta peculiar proposta divulgativa, en español, inglés e valenciano. As pistas que se ofrecen durante o xogo son de carácter científico e están deseñadas para que os participantes aprendan botánica mentres realizan unha actividade lúdica.


Boa sorte e a xogar!

jueves, 2 de abril de 2020

LSE: UN RETO DA WEB AULASGALEGAS


Boa tarde!

Na biblioteca do IES estabamos a realizar durante os recreos un curso de LSE e para que non se nos esqueza o aprendido, desde AULAGALEGAS dannos a oportunidade de practicar.


                               Fonte:LSE Ceip Quiroga Palacios




FONTE:  CEIP Quiroga Palacios


GÚSTANO MOITO ESTA INICIATIVA!

miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA 1 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN.

BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA




Bo día!

En Baía Edicións están convencidos de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos.

 Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa, din desde Baía Edicións.



                                               Aquí tendes o enlace.

GRACIÑAS, BAÍA EDICIÓNS!

martes, 31 de marzo de 2020

Geographic e National Geographic Traveler GRATIS




Bo día!

Na nosa biblioteca dispoñemos da revista National Geographic para a súa lectura e, como polo de agora aínda non podemos voltar, pois aquí a tedes de maneira dixital para a súa consulta.

Non admitimos excusas para non ler!!

Aquí tendes o enlace

https://www.ngenespanol.com/descarga-gratis/?utm_source=ofertitas_blog&utm_medium=referral&utm_campaign=ofertitas_free
                                                
Completamente en español e en formato PDF.

E por se é do voso interese, National Geographic convoca un concurso:


https://www.nationalgeographic.com.es/mundo-ng/revista-national-geographic-espana-y-rba-libros-convocan-1er-concurso-redaccion-periodistica-dia-tierra_15215

Poderán presentarse mozos entre 14 e 18 anos que cursen entre 3ou de ESO e 2ou de Bacharelato nun centro de secundaria do territorio español. Para iso deberedes escribir de forma individual un editorial xornalístico en español que teña entre 400 e 500 palabras (en formato Word ou PDF/PDF) onde se expoñan os retos que afronta o planeta e #expor solucións. Ciñéndose ás normas dos editoriais clásicos, é necesario que sexa un texto argumentativo e baseado en feitos e datos.

 Os traballos poderán presentarse ata o día 22 de abril, día da Terra, ás 23:59 horas e deberán enviarse a través do formulario incluído nesta  páxina. 



GRACIÑAS, NATIONAL GEOGRAPHIC!


ANÍMASTE A PARTICIPAR?