Bo día!
Comezamos a partir de hoxe as vacacións de Semana Santa!!! Pero non vos imos deixar descansar sen antes resolver un misterio.
Esta mañá, os xornais informan sobre un estraño suceso… atopouse un
cadáver nun escampado… pistas forenses… o escenario do crime puido
ser o Real Xardín Botánico (CSIC)… E os sospeitosos? Hai varios entre o
persoal.
Convértete en detective. Un asasinato, seis sospeitosos, sete pistas e
un espectacular xardín.
Achégate e trata de resolver o misterioso
asasinato ocorrido no corazón de Madrid, no Real Xardín Botánico (CSIC).
Ao longo de 7 paneis interactivos, que poñerán a proba a túa perspicacia e os teus coñecementos en Botánica, terás a oportunidade de atopar ao culpable. Achégate e xoga!
Co patrocinio da FECYT, as unidades de Cultura Científica do Real Xardín Botánico, CSIC, en Madrid e do Jardí Botànic da Universitat de València,
prepararon esta peculiar proposta divulgativa, en español, inglés e
valenciano. As pistas que se ofrecen durante o xogo son de carácter
científico e están deseñadas para que os participantes aprendan botánica
mentres realizan unha actividade lúdica.
Boa sorte e a xogar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario