domingo, 22 de diciembre de 2019

O NOSO PROPIO LOGO


Xa podemos dicir que a biblioteca do IES Universidade Laboral ten o seu propio logo. 

Queredes saber quen foi o gañador/ra? 

Nesta presentación podedes desfrutar de todos os magníficos traballos presentados e descubrir o logo escollido. 

Hai que insistir de novo que estamos moi agradecidos pola alta participación e a calidade dos traballos. Noraboa a todos e todas!!

 

viernes, 20 de diciembre de 2019

GAÑADORES/AS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL



Aquí temos as dúas postais gañadoras do concurso de Nadal! 
Foi unha decisión moi difícil pola calidade dos traballos presentados. Tanto que no primeiro posto temos empate!!!

martes, 17 de diciembre de 2019

CONCURSO DE NADAL




Lembrades que dende a biblioteca propuxemos un concurso de postais de Nadal?

Pois xa temos aos finalistas do concurso.

As catro mellores postais son:





En breve, comunicaremos os gañadores/as!!!



martes, 10 de diciembre de 2019

AQUÍ ESTÁ O NADAL


        Xa chegou o Nadal á biblioteca e con el un novo concurso.



Tamén, este mes tivemos un montón de visitas e queremos destacar a visita do Clube de Lectura cun gran éxito de participación.



E, por suposto, non podía faltar a decoración de Nadal nestas datas. Esperamos a vosa visita!!





Feliz Nadal!



NOVIDADES DO MES DE DECEMBRO

martes, 3 de diciembre de 2019

COLABORADOR DE BIBLIOTECA: IVÁN

Hoxe estreamos sección no blog.

Queremos presentarvos a todos aqueles e aquelas colaboradores e colaboradoras que fan posible que o traballo que hai sempre na biblioteca saia adiante.


Iván é un dos nosos colaboradores.
Iván é de Belmonte e estudia primeiro de FP Básica no noso IES. 
Gústanlle moito os coches. 
Leva tres anos estudando na Universidade Laboral de Ourense. 
Decidiu facerse colaborador de biblioteca porque lle gusta axudar. 
O que máis lle gusta de estar na biblioteca é poder axudar, aínda que non lle gusta moito ter que colocar os libros nas estanterías de fóra.
O seu soño para o futuro é ter o seu propio taller. 
Non lle gusta moito ler, aínda que si que le cousas relacionadas cos coches e os motores. 

E ti, a que esperas para ser colaborador ou colaboradora de biblioteca?
 

domingo, 1 de diciembre de 2019

INCIERTA HISTORIA DE LA VERDAD




“Descubrir es prestar atención. 
La prisa es la mano alada del olvido”,
 se puede leer en esta obra que acaba de llegar a nuestra biblioteca.






«También yo, ante el árbol de la vida, extiendo mis brazos al cielo y espero lo que el cielo me da: a veces truenos, a veces lluvia, a veces el temido granizo sobre las lunas débiles del alma de cristal y un azul inmenso en este exilio interior -apenas sonoro- que escogí», escribe Bello.




¡Un libro para disfrutar!