Boas, este é un xogo de fugas sobre ELAS na Xeración do 27.
Esta sala comeza
coa escolla dun dos 4 personaxes que a protagonizan; podénse organizar
aos grupos de clase en 4 equipos de xeito que cada equipo fai a sala dun personaxe
e na derradeira proba teñen que xuntar un código de cada equipo para
chegar ao logro final, (hai tamén un apartado por se algúen traballa
individualmente e non vai facer as castro misións para que poida acceder
ao final por outra vía).
Estamos seguros/ as de que se vos preguntamos
se sodes machistas, a maioría de vós contestaría cun rotundo NON. Por suposto
que non!
Pero se empezamos a pensar no noso día a día,
veremos que vivimos nunha sociedade na que aínda existenmicromachismos que, sen ser totalmente
conscientes deles, transmítense dunha xeración a outra.
Micromachismos?E iso que é?
Micromachismos son exemplos de discriminación
débiles e imperceptibles que, de forma manifesta e constante, colocaron á
muller nunha posición inferior ao home en ámbitos sociais, económicos,
xurídicos e familiares. Os que consideran que o home e a muller nacen con
obxectivos e ambicións diferentes na vida.
Cantas
veces oímos estas frases!
Cando o
neno vai ao médico ou de compras, acompáñao a súa nai. Cando o neno vai ao
fútbol, acompáñoo eu.
Deixo ao meu fillo adolescente saír ata as 3
da madrugada, pero á miña filla obrígoa a vir antes de medianoite.
E, quen nunha cea de amigos ou coa familia, sempre felicita á muller polo boa que
estaba a comida?
Son pequenos xestos, comentarios e prexuízos
que temos taninteriorizados que nos
saen sós aínda que odiemos o machismo.
Vedes onde se sitúan osmicromachismos no iceberg da violencia de
xénero?
Aínda que están ocultos, contribúen de maneira sutil e invisible a xerar
discriminación.
Estesmicromachismos pasan a miúdo, todos os días, pero adoitamos xustificalos
ou desprezalos e, mesmo, nin sequera dámonos conta de que están aí.
A continuación, mostrámosvos unha guía
didáctica para traballar conxuntamente, alumnos/ as eprofes,e que saquedes as vosas propias conclusións acerca da pregunta
que vos fixemos.
Somos machistas? Quemicromachismos vemos no noso día a día?
Se premedes na seguinte imaxe, podedes consultar a guía didáctica para traballar o vídeo.
Para rematar, dende a biblioteca, queremos promover a lectura de libros
por e para a IGUALDADE
Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico
presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, "Mulleres e poder", que amosa o
xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van
desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton. Beard examina os
fundamentos culturais da misoxinia, mentres reflexiona sobre a voz
pública das mulleres, sobre os nosos presupostos culturais acerca da
relación das mulleres co poder e sobre as mulleres poderosas que se
resisten a ser encadradas en esquemas masculinos.
“El mundo en que viví” de Ilse Losa, é xa un clásico da literatura portuguesa, país no que a autora
alemá de orixe xudeu buscou refuxio fuxindo do nazismo. Deliciosa lectura, recomendable para lectores de
todas as idades.