jueves, 16 de noviembre de 2023

I CONCURSO MICRORRELATOS DA BIBLIOTECA IES UNIVERSIDADE LABORAL

 I CONCURSO MICRORRELATOS 2023/2024

BIBLIOTECA IES UNIVERSIDADE LABORAL


A biblioteca do IES Universidade Laboral de Ourense convoca un concurso de microrrelatos dirixido a 1º e 2º de ESO.


O concurso consiste na elaboración dun microrrelato que cumpra cos seguintes requisitos:


1. Extensión máxima: 140 caracteres. Os espacios non contan  (Ex. “A casa” igual a 5 caracteres)


2. Debe presentar como mínimo tres oracións que se correspondan cas tres partes da narración: introdución, nó e deselance. Poderás redactar tanto en lingua castelá como en galego.


EXEMPLO: El mundo se le hacía pequeño desde su ventana. Ella soñaba con conocer lo que no veía desde allí. Rompió las cadenas y voló libre.


3. Temática. Deberaste inspirar na seguinte imaxe:



4. Os microrrelatos presentaranse redactados a man nun folio DIN A4 e entregaránse no departamento de Lingua castelá ou ao profe de lingua castelá.


5. Prazo de entrega: ata o día 5 de decembro.


6. Haberá tres premios:  1º un bono de 15 € para a cafetería do IES. 

 2º un bono de 10 € para a cafetería do IES.

 3º un bono de 5 € para a cafetería do IES.