Mostrando entradas con la etiqueta NOVIDADES LITERARIAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta NOVIDADES LITERARIAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de mayo de 2023

COZY MYSTERIES, que son?


 

'Cozy' mysteries

 Hai un «asasinato amable» (basicamente, esa ausencia de elementos gore).

Hai un argumento secundario romántico (no que unha parella acaba atopando o amor mentres resolve o crime en cuestión).



Hai unha investigación amateur (non hai policías nin detectives profesionais, senón alguén que sente que necesita saber a verdade e lánzase a por iso) e

 teñen un «compañeiro peludo», habitualmente un gato ou un can, e que o cadro de persoal de protagonistas adoita incluír a secundarios excéntricos. 

 


En moitas destas historias, tamén é habitual que se mencionen hobbies vinculados a manualidades (que non é estraño que alguén faga tortas).

Xa sabedes, se vos interesa podedes atopar estes libros na biblioteca do IES para empréstito.

Murder, but gentler

A Guide to Cozy Mysteries

Fonte:  https://www.libropatas.com/mundo-editorial/que-son-exactamente-los-cozy-mysteries/

 

viernes, 31 de marzo de 2023

"Culpa mía" de Mercedes Ron

 

"Culpa Mía" de Mercedes Ron é unha novela emocionante e intensa que atrapará aos lectores xoves e adultos por igual. A historia segue a vida de Alba, unha adolescente que se traslada a un novo instituto e coñece a Hugo, un estudante misterioso e atrativo que rapidamente se converte no seu amor platónico.

 culpa mía-mercedes ron-9788490438664

A medida que Alba e Hugo se involucran emocionalmente, a protagonista comeza a descubrir os segredos do pasado de Hugo, que son cada vez máis complexos e perigosos. A novela é unha mestura perfecta de drama, romance e intriga, que mantén ao lector pegado ás páxinas ata o final.

 

 

 

Fonte:http://viajandoaotrosmundos.blogspot.com/2017/06/resena-74-culpa-mia-de-mercedes-ron.html

Mercedes Ron utiliza unha prosa áxil e fluída que fai que a lectura sexa moi amena e fácil. A autora tamén é moi hábil na creación de personaxes realistas e profundos, que están ben definidos e son fáciles de identificar.

En resumo, "Culpa Mía" é unha novela apaixoante que ofrece unha montaña rusa emocional aos lectores. Se buscas unha lectura envolvente e emocionante, non dubides en engadir esta novela a túa lista de lectura.

viernes, 16 de diciembre de 2022

BO NADAL!

Maxia no bosque de Biblioteca IES Universidade Laboral  

 

Pasade unhas boas festas e xa sabedes que aínda estades a tempo de coller libros de empréstito para este Nadal!!

novidades de decembro 22 de Biblioteca IES Universidade Laboral

sábado, 5 de febrero de 2022

REVISTAS EDUCATIVAS DIXITAIS

 Non sei se sabedes que temos unha pequena variedade de revistas educativas dispoñibles para ler en liña.

Unha destas revistas é Vokare.

 


 Vokare naceu en pleno confinamento do 2020. Diferentes mestres de distintos lugares que se xuntaron virtualmente e que crearon este proxecto.

                                                                 Fonte: https://sites.google.com/view/vokareeducacion/vokare-xpress/xpress-21-22

 

 Por outra banda pero na mesma liña, podedes ler a revista Clase na que atoparedes recomendacións de libros, artigos educativos, experiencias que levaron a cabo docentes e que quixeron compartir nesta publicación e unha selección de apps e web para a aula, materiais e xogos para clase totalmente gratuítos e pasatempos. 


 Neste terceiro número da revista Clase participaron un total de 28 contas de Instagram, que aparecen referenciadas para que poidades ir aos seus perfís e coñecelas mellor.

Coñecedes algunha máis? 

Agardamos os vosos comentarios!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


sábado, 29 de mayo de 2021

SAGA ELECTRO

 

Aos seus dezasete anos, Ray soña con marcharse á universidade e saír de Orixe, o pobo no que creceu. Pero unha mañá, ao espertar, descobre que o mundo que coñecía deixou de existir. Non queda ninguén: nin os seus pais, nin os seus amigos, nin os seus veciños, e nesta nova realidade os humanos xa non son as criaturas máis poderosas do planeta. 
 
Que sucedeu? Onde está todo o mundo?
 Por que parece que pasaron anos desde a última vez que se foi a durmir? 
 
Para sobrevivir, Ray deberá confiar en Eden, unha nova fugitiva curtida na batalla cuxo corazón depende de enerxía externa para seguir latexando. Guiados por un misterioso diario, emprenderán xuntos unha viaxe chea de perigos en busca de respostas sen saber que algúns segredos é mellor que permanezan enterrados para sempre... 
 
 

miércoles, 26 de mayo de 2021

NOVO XORNAL: O PAPAGAIO


 

 Podedes atopalo na biblioteca do IES. 

O PAPAGAIO é un xornal impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes autores e autoras. 
O obxectivo deste xornal é que o alumnado se interese pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.

NOVIDADES de Biblioteca IES Universidade Laboral

martes, 20 de abril de 2021

NOVA SECCIÓN: MANGA

 

Rapaces e rapazas, temos un novo recuncho literario adicado ao cómic MANGA.

 

 

Quixemos comezar esta sección coa colección The Promised Neverland, unha serie manga escrita por Kaiu Shirai e ilustrada por Posuka Demizu.


 

           Que queredes aprender a debuxar manga?, pois temos un libro que vos pode axudar. Un manual moi completo.

 


 

Por último, contamos con Guardianes de la noche con samurais, afiadas catanas, demos e outros seres mitolóxicos da cultura xaponesa. 


Que cómics debemos incorporar a este recuncho? 

Coñecedes máis libros manga? 

Enviade  as vosas suxerencias ao apartado de Comentarios desta entrada.



viernes, 15 de enero de 2021

Os catro aneis

 Unha das últimas novidades literarias que temos é este libro de María Oruña. Lembrades?


Pois que saibades que apareceron catro dos nove aneis dos que se fala na novela, dentro dunha bolsa de seda nun dos compartimentos xunto coas reliquias dos bispos na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil. 

Toda unha sorpresa. 

                                             Un achado importante que pode ser histórico!

 Os catro aneis que apareceron canda dous documentos son de prata, todos diferentes e segundo o proceso canónico dos nove bispos tiñan propiedades curativas.

                                   Estaban en paradoiro descoñecido desde hai séculos.

A lenda dos aneis mantívose desde os séculos X e XI, cando os bispos se retiraron ao mosteiro de Santo Estevo na Ribeira Sacra ourensá e que a escritora María Oruña relata no seu libro El bosque de los cuatro vientos.

A historia continuará e a lenda dos aneis milagreiros dos nove bispos pode agora ser unha realidade.

http://www.crtvg.es/informativos/atopan-catro-aneis-nas-reliquias-dos-bispos-santos-na-igrexa-se-santo-estevo-que-poderian-ser-os-aneis-milagreiros-4679950

Un motivo máis para ler este libro!


sábado, 9 de enero de 2021

EL TEMPLO DE LAS MIL PUERTAS

 Benvidos a este novo trimestre deste novo ano. 

 

 El Templo de las Mil Puertas

 

Comezamos cunha recomendación online dunha revista de literatura xuvenil, gratuita e bimestral chamada  

EL TEMPLO DE LAS MIL PUERTAS

 La imagen puede contener: planta, árbol, hierba, exterior y naturaleza, texto que dice "Revista online de literatura juvenil Número 79 DICIEMBRE 2020 TEMPLO DELMIL PUERTAS"

 


Nesta revista podedes ler reseñas de libros, entrevistas, reportaxes...

Están ao día das novidades recén publicadas pero non esquecen os libros que xa levan uns anos publicados.

 

Tomaron o nome de La historia interminable. 

O Templo das Mil Portas é un lugar 

ao que se pode chegar desde calquera porta do mundo 

e que pode levarche a calquera outro lugar, 

unha bonita metáfora da lectura. 


 Que disfrutedes da súa lectura!!

sábado, 7 de noviembre de 2020

NOVIDADES LITERARIAS DE NOVEMBRO

 


O pacto do letargo de Miguelanxo Prado é un cómic que ten uns debuxos como se fosen as tomas dunha peli. Unha lectura moi recomendable! Xa está a vosa disposición para empréstito!

        IMPACTANTANTE THRILLER FANTÁSTICO SOBRE A CONDICIÓN HUMANA


https://www.miguelanxoprado.com/obra/comic/el-pacto-del-letargo

martes, 6 de octubre de 2020

NOVIDADES DE OUTUBRO

Powered by emaze

 

Seguimos coa nosa sección de NOVIDADES LITERARIAS para amosaros o último que chegou a nosa biblioteca. 

 

 








    

                             QUE VOS APETECE LER?

                        

jueves, 25 de junio de 2020

DESPEDIDA DE CURSO: APAGA E ÍMONOS



Xa acaba o mes xuño e con el vén a despedida do curso escolar 19/20. 
E que mellor maneira de rematar que cunha poesía dun antigo compañeiro, profesor do noso instituto e poeta.
Estas verbas que aparecen no poema: distancia, maldición, dureza, ausencia poden ser un resumo do pasado nestes meses de confinamento. 
Qué opinades?
Se vos apetece ler máis poesía de Manuel Blanco, aquí tedes o título do libro. 

Non perdades a ocasión de desfrutar da lectura. 
E xa sabedes que aínda que marchemos de vacacións, un libro sempre é un bo compañeiro de viaxe.
Na entrada do IES tedes libros que podedes levar para o verán e devolver en setembro. Só tedes que apuntar o nome e número de lector e o título do libro que levades. Tamén podedes facer a devolución dos empréstitos feitos durante o curso

E se queredes facernos partícipes das vosas xornadas de lecer, podedes enviarnos fotos do voso verán en distintas poses (como se estiverades buceando,escalando ou de safari, o que se vos ocurra)  pero sempre na man co voso libro favorito. 
Xa coñecedes o mail da nosa biblioteca: biblioieslaboral@gmail.com



¡ NOS LO HEMOS GANADO! 





miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVO MUNDO. Isabel Zendal na Expedición da Vacina





Entre as nosas novidades aparece Novo Mundo que conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición que no inverno de 1803 partiu de Galicia coa misión de acabar co azoute da varíola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas. Vinte e un nenos recollidos nas casas de expósitos portaron nos seus propios corpos o fluído curativo. 
Isabel, unha muller nada nunha humilde familia de labregos e obrigada a criar o seu fillo en solitario,  acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

 O libro é obra do tándem artístico El Primo Ramón, integrado polos arquitectos coruñeses Borja López Cotelo (1980) e María Olmo Béjar (1980). 
 
Mirade que dedicatorias mais ben feitiñas recibiron os participantes do club de lectura do noso IES dos autores desta novela gráfica!