jueves, 16 de noviembre de 2023

I CONCURSO MICRORRELATOS DA BIBLIOTECA IES UNIVERSIDADE LABORAL

 I CONCURSO MICRORRELATOS 2023/2024

BIBLIOTECA IES UNIVERSIDADE LABORAL


A biblioteca do IES Universidade Laboral de Ourense convoca un concurso de microrrelatos dirixido a 1º e 2º de ESO.


O concurso consiste na elaboración dun microrrelato que cumpra cos seguintes requisitos:


1. Extensión máxima: 140 caracteres. Os espacios non contan  (Ex. “A casa” igual a 5 caracteres)


2. Debe presentar como mínimo tres oracións que se correspondan cas tres partes da narración: introdución, nó e deselance. Poderás redactar tanto en lingua castelá como en galego.


EXEMPLO: El mundo se le hacía pequeño desde su ventana. Ella soñaba con conocer lo que no veía desde allí. Rompió las cadenas y voló libre.


3. Temática. Deberaste inspirar na seguinte imaxe:



4. Os microrrelatos presentaranse redactados a man nun folio DIN A4 e entregaránse no departamento de Lingua castelá ou ao profe de lingua castelá.


5. Prazo de entrega: ata o día 5 de decembro.


6. Haberá tres premios:  1º un bono de 15 € para a cafetería do IES. 

 2º un bono de 10 € para a cafetería do IES.

 3º un bono de 5 € para a cafetería do IES.


miércoles, 18 de octubre de 2023

YINCANA NA BIBLIO

  Ca finalidade de que os novos alumnos no IES de 1º ESO coñeceran a nosa biblio levamos a cabo unha yincana na biblioteca. Tiveron que buscar pistas agochadas polas distintas seccións para averiguar unha mensaxe secreta. Tamén aprenderon a ler as sinaturas dos libros. Todo enfocado a facilitar o préstamo de libros e para que visiten a biblioteca.






viernes, 2 de junio de 2023

Cal é o teu refuxio?

 Que libro é o teu refuxio?  

Agardamos as vosas respostas!

 


 

Remata o curso e remata o blog!
 
É un ata logo á espera de que un novo equipo colla o temón deste barco e inicie unha etapa chea de propostas emocionantes.
 
Ata ese momento, a desfrutar coa lectura!!!

 

 

 

lunes, 15 de mayo de 2023

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Francisco Fernández del Riego é o pai intelectual do Día das Letras Galegas, a festa que neste 2023 está dedicada á súa figura e ao seu legado.

 'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu'

 

'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023, producida pola propia e institución e realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

 

Día das letras galegas de Biblioteca IES Universidade Laboral

viernes, 5 de mayo de 2023

SEMANA DO LIBRO

 


COZY MYSTERIES, que son?


 

'Cozy' mysteries

 Hai un «asasinato amable» (basicamente, esa ausencia de elementos gore).

Hai un argumento secundario romántico (no que unha parella acaba atopando o amor mentres resolve o crime en cuestión).



Hai unha investigación amateur (non hai policías nin detectives profesionais, senón alguén que sente que necesita saber a verdade e lánzase a por iso) e

 teñen un «compañeiro peludo», habitualmente un gato ou un can, e que o cadro de persoal de protagonistas adoita incluír a secundarios excéntricos. 

 


En moitas destas historias, tamén é habitual que se mencionen hobbies vinculados a manualidades (que non é estraño que alguén faga tortas).

Xa sabedes, se vos interesa podedes atopar estes libros na biblioteca do IES para empréstito.

Murder, but gentler

A Guide to Cozy Mysteries

Fonte:  https://www.libropatas.com/mundo-editorial/que-son-exactamente-los-cozy-mysteries/

 

viernes, 21 de abril de 2023

NÓS XA VOTAMOS, E TI?

 Non sei se o sabedes pero o IES está a participar nun concurso chamado Cantamos coas mans

organizado pola

Logo



 

Podedes votar pola nosa candidatura no seguinte banner:

O prazo finaliza este xoves 27 de abril!

 NÓS XA VOTAMOS, E TI?

 

Que mensaxe queremos transmitir con esta canción?

Que queremos dicir con quéreme ben, quérete ben?

É unha oda ás relacións sas: relación cun mesmo, relación de amizade, relación familiar, relación de amor...

No noso centro consideramos algo fundamental a convivencia e o respecto dentro da comunidade educativa e quixemos transmitir coa letra da canción que tratarse ben a un mesmo e tratar aos demais de forma positiva é un dos pilares da educación.

Primeiro debemos querernos a nós mesmos para logo querer aos demais. 

Esta é a nosa pequena aportación!!!

Entrevista al cantante Macaco









 

Axudante de biblioteca

Sabedes como se chama este axudante de biblioteca?

 Ten nome dunha xoia literaria!

momo de Biblioteca IES Universidade Laboral

 


"Momo" de Michael Ende, un clásico

"Momo" fai unha forte crítica a como se malgasta o tempo. Nas sociedades contemporáneas o tempo converteuse nun ben que se compra e se vende. Este libro expón como o tempo pode converterse nun elemento mercantil máis e porque é necesario non deixar que o diñeiro determine como o empregamos. Noutras palabras, o libro insta as persoas a ir máis aló e empregar o tempo naquilo que nos enche e nos achega beneficios non materiais.

A satisfacción non está no consumo.

 Toda a engrenaxe da sociedade actual enfócase a facer posible o consumo. Estendeuse a idea de que a maior satisfacción está en comprar, e en ter diñeiro para facelo. Por iso perdeuse o interese polas actividades que non viren ao redor desa lóxica; con todo, Momo demostra que ese é, máis ben, un camiño cara á infelicidade.

 

 “Existe un misterio muy grande que, aun así, es totalmente cotidiano. Todas las personas son partícipes de ese misterio, todos lo conocen, pero solo unos cuantos piensan sobre ello alguna vez. La mayor parte de la gente se limita a tomarlo tal cual, y no muestra el menor asombro. Ese misterio es el tiempo. Hay calendarios y relojes para medirlo, aunque eso no significa gran cosa, ya que todos sabemos que una sola hora nos puede parecer una eternidad, pero de vez en cuando también puede pasar como un instante… Depende de lo que experimentemos durante esa hora. Porque el tiempo es vida. Y la vida reside en el corazón. […] Y cuanto más lo ahorraban los seres humanos, menos tenían”- Michael Ende,

 “Momo”.

 "Momo" é unha novela que toca o corazón dos lectores de todas as idades, con ensinanzas e reflexións sobre a importancia de vivir con plenitude, valorar a conexión humana e non deixar que o tempo se esvaeza en trivialidades. É unha obra atemporal que continua sendo relevante hoxe en día, e que sen dúbida deixará unha pegada duradeira nos corazóns dos lectores.

Fontes:  https://eresmama.com/8-ensenanzas-momo-adolescentes/

https://carlosjeguren.com/critica-de-momo-de-michael-ende/ 

viernes, 14 de abril de 2023

BANCOS LITERARIOS

                   Ao percorrer as rúas da capital española, descobre bancos que parecen libros abertos. 

                Son máis que simples asentos nas rúas da cidade, son verdadeiras obras de arte literarias.

lunes, 10 de abril de 2023

IMAXES LITERARIAS




  George Van Hook (1954) é un pintor impresionista, nacido en Abington, PA, USA, autor dunha serie de cadros protagonizados por mulleres lendo en situacións diversas.

                                      Fonte:  https://www.facebook.com/librosycafedeVirginia

viernes, 31 de marzo de 2023

"Culpa mía" de Mercedes Ron

 

"Culpa Mía" de Mercedes Ron é unha novela emocionante e intensa que atrapará aos lectores xoves e adultos por igual. A historia segue a vida de Alba, unha adolescente que se traslada a un novo instituto e coñece a Hugo, un estudante misterioso e atrativo que rapidamente se converte no seu amor platónico.

 culpa mía-mercedes ron-9788490438664

A medida que Alba e Hugo se involucran emocionalmente, a protagonista comeza a descubrir os segredos do pasado de Hugo, que son cada vez máis complexos e perigosos. A novela é unha mestura perfecta de drama, romance e intriga, que mantén ao lector pegado ás páxinas ata o final.

 

 

 

Fonte:http://viajandoaotrosmundos.blogspot.com/2017/06/resena-74-culpa-mia-de-mercedes-ron.html

Mercedes Ron utiliza unha prosa áxil e fluída que fai que a lectura sexa moi amena e fácil. A autora tamén é moi hábil na creación de personaxes realistas e profundos, que están ben definidos e son fáciles de identificar.

En resumo, "Culpa Mía" é unha novela apaixoante que ofrece unha montaña rusa emocional aos lectores. Se buscas unha lectura envolvente e emocionante, non dubides en engadir esta novela a túa lista de lectura.

miércoles, 29 de marzo de 2023

lunes, 20 de marzo de 2023

CAMPIONATO DE XADREZ

 

Comezou o primeiro Campionato de xadrez da Universidade Laboral, organizado polo Departamento de Matemáticas en colaboración coa Ludoteca e a Biblioteca.

Case 70 rapaces dende primeiro ata cuarto da ESO daranse cita na Biblioteca durante as vindeiras semanas na procura do título e o trofeo que os acredite como máxima autoridade do xadrez no noso centro.

 

viernes, 17 de marzo de 2023

SALA DE FUGA DIXITAL e moito máis: AS SEN SOMBREIRO




Boas, este é un xogo de fugas sobre ELAS na Xeración do 27. 

 Esta sala comeza coa escolla dun dos 4 personaxes que a protagonizan; podénse organizar aos grupos de clase en 4 equipos de xeito que cada equipo fai a sala dun personaxe e na derradeira proba teñen que xuntar un código de cada equipo para chegar ao logro final, (hai tamén un apartado por se algúen traballa individualmente e non vai facer as castro misións para que poida acceder ao final por outra vía).

Fonte: https://afiestradamestra.wixsite.com/vintesete/

martes, 28 de febrero de 2023

e ti, SARAY, que libro recomendas?

Saray Domínguez de 4º C móstranos este libro. 
É a recomendación dunha amiga e 
estalle gustando moito. 
 

"Un cuento perfecto" de Elisabet Benavent é unha novela curta que reflexiona sobre a importancia da honestidade e a transparencia nas relacións amorosas. 

A protagonista da novela, Martina, é unha muller que ten todo o que se pode desexar na vida: un traballo que lle gusta, amigos marabillosos e unha relación estable e feliz. Pero unha noite, nunha festa de aniversario, un comentario inocente dun dos seus amigos fai que comece a preguntarse se a súa vida é tan perfecta como parece.

 A novela está moi ben escrita e é fácil de ler. 

Benavent ten unha maneira moi hábil de crear personaxes realistas e emotivos, e a súa narración é envolvente e emotiva. 

A historia engancha ao lector desde o principio e a trama está ben desenvolvida.

 

 

En resumo, "Un conto perfecto" é unha novela curta pero emotiva que reflexiona sobre a importancia da honestidade e a transparencia nas relacións amorosas. 

Se buscas unha lectura que te faga reflexionar sobre a vida e as relacións humanas, esta novela é unha excelente opción.

martes, 14 de febrero de 2023

14 de febreiro día do amor e a amizade!

     Mirade que cantidade de libros temos na biblioteca para ler e  compartir neste día!!
14 DE FEBREIRO, LIBROS DE AMOR E AMIZADE! de Biblioteca IES Universidade Laboral