CONTA COA NATUREZA

CONTA COA NATUREZA  é unha nova sección do blog da biblioteca do IES Universidade Laboral.

E, de que trata?, vos preguntaredes. 

Atentos! Agora mesmo imos contar de que vai.

Cada mes, imos lanzar un reto, unha adiviña... 

Sí, escoitastes ben!

Seredes capaces de acertar coa resposta?

Ben sabedes que o IES Universidade Laboral conta cunha zona de parque inmensa e cunha ampla variedade de especies arbóreas. Aquí tedes unha mostra.

 Pois, o que vos imos propor é que adiviñedes a que árbore pertence esta folla que vos mostramos nesta imaxe: 

A que especie pertence?

 

Veña, a ver quen se atreve a enviarnos a resposta en "Comentarios"!!!!!

Pero, isto non acaba aquí!

Ademais, como moi ben di o título desta sección "CONTA COA NATUREZA", queremos que vos convirtades en escritores de microrrelatos e combinedes a literatura coa natureza.

Alguén quere contarnos unha historia que teña como ambientación este lugar?  

O microrrelato debe presentarse en formato imaxe (JPG, GIF...) e incluir o nome da árbore e a ambientación que vos mostramos.

 

Para que vexades o ben que se pode facer, temos xa un conto feito por un rapaz chamado Oriol.

Grazas, Oriol, polo teu traballo!
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 Por certo, esquecíamos contarvos que hai

PREMIO

para o mellor relato presentado. 

Así que xa sabedes.

 Enviade os vosos traballos ao correo da biblioteca: biblioieslaboral@gmail.com 

Xa temos o primeiro relato! 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario