Mostrando entradas con la etiqueta LETRASGALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRASGALEGAS. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de mayo de 2022

XOGUEMOS: SALA DE FUGA do DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

 Non podía faltar neste día das Letras Galegas

 un xogo para commemorar e homenaxear a

 Florencio Delgado.

IMG_4234_edited.png

Fai as túas pescudas, supera as probas e libera todo o coñecemento sobre Florencio Delgado Gurriarán! 

Preme na imaxe e 

Adiante!
 

                                  AUTORÍA:© 2022 Patricia Sánchez. www.afiestradamestra.gal

 
Para rematar este día tan especial da nosa terriña, queremos agasallaros cun fragmento dun poema do autor deste ano en LSE. A desfrutalo!! 
 
 

lunes, 17 de mayo de 2021

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  

 

Canción sobre o poema de Xela Arias "Darío a diario". Letras Galegas 2021 

 

O equipo de docentes do Seminario comparte connosco os seus agardados materiais das Letras Galegas, este curso dedicados á figura de Xela Arias. Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, exposición de carteis, biografías, textos, cuestionarios, dípticos, pictogramas... ) tamén atoparedes fotografías e portadas de libros da autora para utilizar nas vosas propias actividades. Como novidade, cómpre destacar os xogos interactivos genially adaptados a todos os niveis educativos de educación infantil e primaria, ademais dun emotivo poema ilustrado, "Ninguén coma ti", convertido en canción. 

 


 


 
 
Colexio San Pío X Ourense 
Un breve repaso da vida e obra de Xela Arias Castaño, narrado polo alumnado de 5º de primaria. Mestre de lingua: David Rial (@educaRial)
 
 

 

Documentos relacionados

 


 

domingo, 16 de mayo de 2021

IRÁS DIRÁS VIRÁS

 

 
 
Música: CLARA PINO e PABLO VIDAL 
Poema de XELA ARIAS. 
Fotografías: XULIO GIL 
Tigres coma cabalos, Ed. Xerais, 1990
 AUTOR VIDEO: Diego Alcaine 
© Aldeaglobal 2021 
 Gravado no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o 09 de marzo de 2021 
Este proxecto audiovisual conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021, dedicadas a Xela Arias

viernes, 14 de mayo de 2021

A PALABRA ESGAZADA


'Xela Arias. A palabra esgazada' é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021 composta por 6 capítulo breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. O capítulo 1 céntrase nos primeiros anos de vida de Xela Arias, os transcorridos entre Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos. Os demais episodios da serie, producida pola Real Academia Galega da man da produtora Miramemira, profundarán nos ambientes que condicionaron a ollada e a escrita de Xela Arias, en especial o urbano próximo á Movida dos 80; e nas súas distintas facetas, non só como escritora transgresora e en constante diálogo con outras artes, senón tamén como unha das primeiras profesionais do mundo da edición e da tradución nunha incipiente industria editorial que tiña como misión normalizar a lingua galega e fixar a normativa. 

miércoles, 12 de mayo de 2021

ONDE CANTA A POETA

Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias, recita un poema de 'Darío a diario' (1996), o libro que a autora lle dedicou cando era só un bebé. O vídeo forma parte da serie de micropezas 'Xela Arias. Onde canta a poeta', unha produción da Real Academia Galega no marco da programación do Día das Letras Galegas 2021. A Academia produce ademais a serie documental 'Xela Arias.


                

Darío Gil Arias - Xela Arias. Onde canta a poeta - Letras Galegas 2021

lunes, 10 de mayo de 2021

XELA ARIAS

 


                              Xela Arias. Colexio Divina Pastora. Letras Galegas 2021