viernes, 31 de diciembre de 2021

jueves, 9 de diciembre de 2021

HORA DE LER: PARANDO A MAREA NEGRA

 Boas, comunidade!

Como xa sabedes, todos os días temos a nosa hora de ler. Para axudar aos rapaces e rapazas que esquecen traer un libro, temos este cómic en descarga para fomentar este tempiño de encontro literario.

 



                                                    

                                               

                                                       Descarga no Parando a marea ;

 Este cómic representa a terceira entrega da colección “Ciencia para todos” promovida pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega (CCG). 

Parando a marea negra” foi guionizado pola escritora Marilar Aleixandre e debuxado por Fran Bueno. Para Marilar Aleixandre, o cómic subliña “unha idea de esperanza e de concienciación na defensa da natureza e do medio ambiente; todos podemos facer algo e todas as contribucións son necesarias”.

Tamén podedes baixar o primeiro título da colección: De quen é a auga?

e o segundo en PDF: “Vivir no solo”

Boa lectura!