sábado, 19 de noviembre de 2022
miércoles, 7 de septiembre de 2022
BENVIDOS!
Benvidos a un novo curso escolar 2022/2023!!!
Queredes facer un roteiro virtual pola nosa biblioteca recén organizada!
O autor deste marabilloso roteiro é Modesto, o noso ILSE. Grazas, Modesto!!
E ahí vai a seguinte consulta para vos, querida comunidade lectora:
que libro gustaríavos atopar na nosa biblioteca??
Agardamos as vosas respostas.
martes, 20 de abril de 2021
NOVA SECCIÓN: MANGA
Rapaces e rapazas, temos un novo recuncho literario adicado ao cómic MANGA.
Quixemos comezar esta sección coa colección The Promised Neverland, unha serie manga escrita por Kaiu Shirai e ilustrada por Posuka Demizu.
Que queredes aprender a debuxar manga?, pois temos un libro que vos pode axudar. Un manual moi completo.
Por último, contamos con Guardianes de la noche con samurais, afiadas catanas, demos e outros seres mitolóxicos da cultura xaponesa.
Que cómics debemos incorporar a este recuncho?
Coñecedes máis libros manga?
Enviade as vosas suxerencias ao apartado de Comentarios desta entrada.
viernes, 21 de febrero de 2020
ARTE
Na nosa biblioteca temos unha boa selección de libros de arte que podedes consultar e levar prestados.





