viernes, 25 de febrero de 2022

lunes, 14 de febrero de 2022

ANACOS DE POESÍA: LOSCAPITULOSDELUNA

 


ANACOS DE POESÍA: 14 DE FEBREIRO

RafaelAlbertiGaleria (8)
Quen é o autor?
 
El poeta utilizó este último verso
 para dedicar un epitafio a su amada de toda la vida, 
el día de su muerte
 y en la lápida de la tumba 
desafiando el paso del tiempo,
 se lee todavía:
 
 “Hoy, amor, tenemos veinte años”.
 
Agardamos os vosos comentarios.

miércoles, 9 de febrero de 2022

14 DE FEBREIRO: Día do amor e a amizade

 Cales son as cartas de amor máis famosas da historia?

Nesta época do Tinder, o Whatsapp, Skype, Hangout, Snapchat e demais, temos bastante complicado recibir unha carta de amor. Polo menos, unha de propia man. 


 

Existen cartas de amor tan marabillosas que perduraron ao longo da historia e fixéronse famosas. Ben porque o seu autor era alguén coñecido ou ben porque era absolutamente conmovedoras. 

Aquí podedes ler unha carta que Beethoven lle escribe a unha misteriosa muller da cal está profundamente namorado. Tecnicamente ela era o seu máis prezado tesouro, con todo, ninguén nunca soubo quen era esta misteriosa muller, Beethoven nunca a mencionou nas súas cartas ou nalgún momento da súa vida.

 

Neste enlace web  http://www.yeray.com/generadorcartas/ podedes crear  en cuestión de minutos unha carta con aspecto antigo. 

 Aquí a nosa creación: 


 Quen se anima a escribir? 

E sabedes que é o amor e cantas clases de amor hai? 
 
Dende o IES Luis de Góngora, chéganos esta presentación que nos pode axudar a contestar que é o amor.

¡Feliz día do AMOR LIBRE e SAN 🌈💜!

sábado, 5 de febrero de 2022

REVISTAS EDUCATIVAS DIXITAIS

 Non sei se sabedes que temos unha pequena variedade de revistas educativas dispoñibles para ler en liña.

Unha destas revistas é Vokare.

 


 Vokare naceu en pleno confinamento do 2020. Diferentes mestres de distintos lugares que se xuntaron virtualmente e que crearon este proxecto.

                                                                 Fonte: https://sites.google.com/view/vokareeducacion/vokare-xpress/xpress-21-22

 

 Por outra banda pero na mesma liña, podedes ler a revista Clase na que atoparedes recomendacións de libros, artigos educativos, experiencias que levaron a cabo docentes e que quixeron compartir nesta publicación e unha selección de apps e web para a aula, materiais e xogos para clase totalmente gratuítos e pasatempos. 


 Neste terceiro número da revista Clase participaron un total de 28 contas de Instagram, que aparecen referenciadas para que poidades ir aos seus perfís e coñecelas mellor.

Coñecedes algunha máis? 

Agardamos os vosos comentarios!