sábado, 29 de mayo de 2021

SAGA ELECTRO

 

Aos seus dezasete anos, Ray soña con marcharse á universidade e saír de Orixe, o pobo no que creceu. Pero unha mañá, ao espertar, descobre que o mundo que coñecía deixou de existir. Non queda ninguén: nin os seus pais, nin os seus amigos, nin os seus veciños, e nesta nova realidade os humanos xa non son as criaturas máis poderosas do planeta. 
 
Que sucedeu? Onde está todo o mundo?
 Por que parece que pasaron anos desde a última vez que se foi a durmir? 
 
Para sobrevivir, Ray deberá confiar en Eden, unha nova fugitiva curtida na batalla cuxo corazón depende de enerxía externa para seguir latexando. Guiados por un misterioso diario, emprenderán xuntos unha viaxe chea de perigos en busca de respostas sen saber que algúns segredos é mellor que permanezan enterrados para sempre... 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario