miércoles, 5 de febrero de 2020

NOVO MUNDO. Isabel Zendal na Expedición da Vacina





Entre as nosas novidades aparece Novo Mundo que conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición que no inverno de 1803 partiu de Galicia coa misión de acabar co azoute da varíola nas colonias españolas de América e as illas Filipinas. Vinte e un nenos recollidos nas casas de expósitos portaron nos seus propios corpos o fluído curativo. 
Isabel, unha muller nada nunha humilde familia de labregos e obrigada a criar o seu fillo en solitario,  acabou por se converter no elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que mudou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

 O libro é obra do tándem artístico El Primo Ramón, integrado polos arquitectos coruñeses Borja López Cotelo (1980) e María Olmo Béjar (1980). 
 
Mirade que dedicatorias mais ben feitiñas recibiron os participantes do club de lectura do noso IES dos autores desta novela gráfica! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario