lunes, 3 de febrero de 2020

COLABORADOR DE BIBLIOTECA: AARON


Aaron é un colaborador de biblioteca.

Aaron estuda 4º da ESO. Chegou aquí desde Venezuela, porque o seu avó vive aquí e dixéralle que era un lugar onde se vivía con moita tranquilidade. Do seu país bota de menos o clima e a temperatura, xa que estaba afeito ó clima tropical que só varía en decembro e, para iso, pouco. 
O que máis lle gusta de Ourense é o tranquila que é e a súa limpeza. 
Di que se fixo colaborador porque non tiña nada especial que facer nos recreos e porque quería coñecer máis acerca da biblioteca. 
O que máis lle gusta facer é colocar os libros nas estanterías porque deste  xeito entéraste sobre outros libros interesantes que tiñas lido.


E ti, a que esperas para ser colaborador ou colaboradora de biblioteca?

No hay comentarios:

Publicar un comentario