jueves, 6 de febrero de 2020
14 DE FEBREIRO
A orixe desta explosión popular da conmemoración deste día en EEUU debemos atribuírlla, en gran parte a unha muller, Esther Howland, que publicou masivamente na segunda metade do século XIX tarxetas postais con imaxes de cupidos e belas ilustracións relacionadas co namoramento coñecidas como valentines. Estas postais ilustradas foron acollidas con enorme éxito por parte dunha sociedade victoriana á que lle encantaba o envío de cards para conmemorar calquera situación especial. A elección da postal, habitualmente acompañada dunha mensaxe era crucial para afianzar unha relación, e imperdoable non enviala, polo que os namorados esperaban este día con impaciencia para recibir este agasallo elixido pola súa parella.
IMAXE: https://www.youbioit.com/es/article/26135/esther-howland?size=_original
Como podedes ver, houbo unha grande participación do alumnado na actividade proposta.
E coma na escea da película de Forrest Gump...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario