Benvida, comunidade educativa!
Estamos seguros/ as de que se vos preguntamos se sodes machistas, a maioría de vós contestaría cun rotundo NON. Por suposto que non!
Pero se empezamos a pensar no noso día a día, veremos que vivimos nunha sociedade na que aínda existen micromachismos que, sen ser totalmente conscientes deles, transmítense dunha xeración a outra.
Micromachismos?E iso que é?
Micromachismos son exemplos de discriminación débiles e imperceptibles que, de forma manifesta e constante, colocaron á muller nunha posición inferior ao home en ámbitos sociais, económicos, xurídicos e familiares. Os que consideran que o home e a muller nacen con obxectivos e ambicións diferentes na vida.
Cantas veces oímos estas frases!
Cando o neno vai ao médico ou de compras, acompáñao a súa nai. Cando o neno vai ao fútbol, acompáñoo eu.
Deixo ao meu fillo adolescente saír ata as 3 da madrugada, pero á miña filla obrígoa a vir antes de medianoite.
E, quen nunha cea de amigos ou coa familia, sempre felicita á muller polo boa que estaba a comida?
Son pequenos xestos, comentarios e prexuízos que temos tan interiorizados que nos saen sós aínda que odiemos o machismo.
Vedes onde se sitúan os micromachismos no iceberg da violencia de
xénero?
Aínda que están ocultos, contribúen de maneira sutil e invisible a xerar discriminación.
Estes micromachismos pasan a miúdo, todos os días, pero adoitamos xustificalos ou desprezalos e, mesmo, nin sequera dámonos conta de que están aí.
A continuación, mostrámosvos unha guía didáctica para traballar conxuntamente, alumnos/ as e profes, e que saquedes as vosas propias conclusións acerca da pregunta que vos fixemos.
Somos machistas? Que micromachismos vemos no noso día a día?
Se premedes na seguinte imaxe, podedes consultar a guía didáctica para traballar o vídeo.
Para rematar, dende a biblioteca, queremos promover a lectura de libros
por e para a IGUALDADE
Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, "Mulleres e poder", que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton. Beard examina os fundamentos culturais da misoxinia, mentres reflexiona sobre a voz pública das mulleres, sobre os nosos presupostos culturais acerca da relación das mulleres co poder e sobre as mulleres poderosas que se resisten a ser encadradas en esquemas masculinos.
“El mundo en que viví” de Ilse Losa, é xa un clásico da literatura portuguesa, país no que a autora alemá de orixe xudeu buscou refuxio fuxindo do nazismo. Deliciosa lectura, recomendable para lectores de todas as idades.
BOA LECTURA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario