jueves, 3 de diciembre de 2020

DI CAPACIDADE

 


O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade. Nós, o equipo da biblioteca do IES Universidade Laboral, tamén nos sumamos á iniciativa emprendida por Crea Nuria PT 

para insistir no respecto á diversidade e no respecto ás diferentes capacidades.


 

Na biblioteca, contamos cunha ampla selección de libros que nos falan da diversidade e das diferentes capacidades que temos as persoas. Todos somos diferentes e na diferencia está a riqueza do ser humano.






 
  E se vos gusta o cine, aquí tedes unha entrada para ver, nas diferentes salas, unhas interesantes curtametraxes. 
Estades todos e todas invitados. 
Preme na imaxe para entrar no cinema.
 
Cal vos gustou máis?
A miña favorita foi...

E ti, de que es capaz? Cales son as túas fortalezas?

No hay comentarios:

Publicar un comentario