miércoles, 4 de noviembre de 2020

SENTIDIÑO! por quen facemos todo isto?

Sabemos que este é un blog de biblioteca. 

Sabemos que este é un blog de libros. 

Pero, unha voceciña interior estanos a dicir que vos pidamos AXUDA porque cremos que nestes momentos é moi importante que todos e todas colaboremos. 

 

Alumnos e alumnas, debemos cumprir coas medidas implantadas no NOSO centro educativo para que gañemos a guerra que estamos loitando contra esta pandemia e acabemos dunha vez con este pesadelo.

SENTIDIÑO!

Soamente son 3 MEDIDAS!!!

Máscara

Lavado de mans e

Distancia social (o que peor levamos).

Tres regras básicas que non podemos esquecer.

  Curtametraxe +1, de Willy Suárez para @ culturainquieta e o Instituto do Cinema de Canarias e Madrid, do que é ex alumno. O obxectivo é concienciar aos mozos sobre a súa incidencia na propagación do coronavirus.

 

POR TI

POR MIN

POLOS NOSOS MAIORES

POLAS  NOSAS FAMILIAS

PODEMOS CONSEGUILO! 

 

Cando todo isto remate, poderemos dicir que alcanzamos a victoria  grazas a toda a nosa xuventude, quen loitou e gañou e 

poderemos dicilo con moito orgullo


 

This is the official Maroon 5 - Memories Cover by One Voice Children's Choir. A video made during the quarantine period of Covid-19 2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario