martes, 3 de diciembre de 2019

COLABORADOR DE BIBLIOTECA: IVÁN

Hoxe estreamos sección no blog.

Queremos presentarvos a todos aqueles e aquelas colaboradores e colaboradoras que fan posible que o traballo que hai sempre na biblioteca saia adiante.


Iván é un dos nosos colaboradores.
Iván é de Belmonte e estudia primeiro de FP Básica no noso IES. 
Gústanlle moito os coches. 
Leva tres anos estudando na Universidade Laboral de Ourense. 
Decidiu facerse colaborador de biblioteca porque lle gusta axudar. 
O que máis lle gusta de estar na biblioteca é poder axudar, aínda que non lle gusta moito ter que colocar os libros nas estanterías de fóra.
O seu soño para o futuro é ter o seu propio taller. 
Non lle gusta moito ler, aínda que si que le cousas relacionadas cos coches e os motores. 

E ti, a que esperas para ser colaborador ou colaboradora de biblioteca?
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario