viernes, 3 de abril de 2020

OPERACIÓN ESPERANZA


A COVID-19 é unha enfermidade altamente contaxiosa, por elo, na liña do resto de medidas de corentena e limitación dos contactos, os pacientes ingresados con diagnóstico positivo permanecen illados e non poden recibir visitas, nin da súa propia familia nin dos amigos, o que supón un sufrimento emocional engadido.

Para tentar darlles apoio nestes duros momentos ponse en marcha Operación Esperanza, que quere encher de cartas e verbas de ánimo cada habitación dos hospitais de Ourense.


A iniciativa xurde como resposta a procura do servizo de Atención ao Paciente e Humanización de aliviar a soidade dos pacientes e de facerlles chegar o calor humán que a cidadanía está a expresar con centos de cartas, correos e mensaxes, que están a chegar aos hospitais por diferentes vías. Para elo, ven de habilitarse un correo electrónico ao que toda a cidadanía pode enviar as súas mensaxes de alento: voluntariado.ourense@sergas.es que se recollerán nun apartado accesible nas pantallas individuais de cada cama e habitación dos hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras.

As cartas tamén poden dirixirse para dar ánimos aos profesionais Con elo preténdese poñer en contacto virtual a todos os pacientes coa cidadanía, que tamén estes días afronta un período excepcional, a maioría de corentena na casa para axudar a limitar os contaxios e vencer a pandemia, e uns poucos loitando directamente desde os seus postos de traballo esenciais para a sociedade.

Fonte:  https://www.laregion.es/articulo/ourense/asi-puedes-enviar-animos-pacientes-ourensanos-coronavirus-hospitales-ourense/20200330143455935937.html

NÓS XA ENVIAMOS O MAIL:





E ti a que esperas?

1 comentario: