martes, 21 de abril de 2020

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Este ano, o 23 de abril é o día do libro máis dixital.  

Será un día atípico pero será o Día do Libro.
Para conmemorar esta data, temos a posibilidade de desfrutar dun cómic de

titulado

             Lorca: Un poeta en Nueva York

Enlace para descargar o cómic en formato pdf:
 https://comics.panini.es/noticias/articolo/lorca-un-poeta-en-nueva-york-completo-en-linea-y-para-descarga/
O presente cómic móstranos unha visión orixinal sobre a estancia de Federico García Lorca nesta cidade. Deixarémonos asaltar polas paixóns e obsesións do escritor granadino atendendo ao seu epistolario e aos testemuños de quen lle seguiu na devandita aventura. 
 Lorca, un poeta en Nova York é unha novela gráfica de Carles Esquembre, un músico e debuxante valenciano de trinta e un anos. A partir de materiais e testemuños da época, Esquembre narra a viaxe que o poeta granadino fixo a Nova York. As ilustracións, en branco e negro, son de trazo coidado e ricas en detalles. Ademais de ser un pracer recrearse nelas, é posible sentir as emocións de Lorca e a magnificencia da cidade sen nin sequera ler os diálogos. Visualmente é unha delicia, pero é que a historia que conta —a dunha época e a dun home excepcional— é cativadora. Crítica de Esther Magar
Verán de 1929. A bordo do transatlántico Olympic, acompañado do seu mellor amigo e mentor, Don Fernando dos Ríos, o poeta verase inmerso nunha convulsa travesía existencial. Atafegado polo éxito do " Romancero xitano", enfrontarase ao rexeitamento dos seus amigos Luís Buñuel e Salvador Dalí, así como ao pesar dun amor non correspondido por Emilio Aladrén
A estancia do poeta naquela cidade e aquel país, tan distintos á España de principios do pasado século, dotará á súa sensibilidade de múltiples estímulos. Desde Harlem ata os recunchos máis sórdidos da gran urbe, os alegres locais de jazz ou o vigoroso xentío de Coney Island, Lorca albiscará un insólito mundo de paisaxes humanas. Novas promesas tinguidas de nostalxia polo vello mundo.
  Unha lectura imprescindible para os admiradores do noso poeta máis universal!
 
 A GOZAR DA LECTURA!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario