martes, 21 de abril de 2020

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Este ano, o 23 de abril é o día do libro máis dixital.  

Será un día atípico pero será o Día do Libro.
Para conmemorar esta data, temos a posibilidade de desfrutar dun cómic de

titulado

             Lorca: Un poeta en Nueva York

Enlace para descargar o cómic en formato pdf:
 https://comics.panini.es/noticias/articolo/lorca-un-poeta-en-nueva-york-completo-en-linea-y-para-descarga/
O presente cómic móstranos unha visión orixinal sobre a estancia de Federico García Lorca nesta cidade. Deixarémonos asaltar polas paixóns e obsesións do escritor granadino atendendo ao seu epistolario e aos testemuños de quen lle seguiu na devandita aventura. 
 Lorca, un poeta en Nova York é unha novela gráfica de Carles Esquembre, un músico e debuxante valenciano de trinta e un anos. A partir de materiais e testemuños da época, Esquembre narra a viaxe que o poeta granadino fixo a Nova York. As ilustracións, en branco e negro, son de trazo coidado e ricas en detalles. Ademais de ser un pracer recrearse nelas, é posible sentir as emocións de Lorca e a magnificencia da cidade sen nin sequera ler os diálogos. Visualmente é unha delicia, pero é que a historia que conta —a dunha época e a dun home excepcional— é cativadora. Crítica de Esther Magar
Verán de 1929. A bordo do transatlántico Olympic, acompañado do seu mellor amigo e mentor, Don Fernando dos Ríos, o poeta verase inmerso nunha convulsa travesía existencial. Atafegado polo éxito do " Romancero xitano", enfrontarase ao rexeitamento dos seus amigos Luís Buñuel e Salvador Dalí, así como ao pesar dun amor non correspondido por Emilio Aladrén
A estancia do poeta naquela cidade e aquel país, tan distintos á España de principios do pasado século, dotará á súa sensibilidade de múltiples estímulos. Desde Harlem ata os recunchos máis sórdidos da gran urbe, os alegres locais de jazz ou o vigoroso xentío de Coney Island, Lorca albiscará un insólito mundo de paisaxes humanas. Novas promesas tinguidas de nostalxia polo vello mundo.
  Unha lectura imprescindible para os admiradores do noso poeta máis universal!
 
 A GOZAR DA LECTURA!
 

sábado, 18 de abril de 2020

MUSEOS PARA VISITAR o Día Internacional dos MONUMENTOS E SITIOS.



10 museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online.
 O 18 de abril é do Día Internacional dos Monumentos e Sitios e para celebralo como a ocasión merece, non atopamos mellor maneira de facelo que realizar un circuíto virtual desde casa e coñecer algúns dos lugares máis espectaculares do mundo.
1. Pinacoteca di Brera – Milano https://pinacotecabrera.org/

 

2. Galleria degli Uffizi – Firenze https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

3. Musei Vaticani – Roma http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html

 

4. Museo Archeologico – Atene https://www.namuseum.gr/en/collections/

5. Prado – Madrid https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

 

6. Louvre – Parigi https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne
 
7. British Museum – Londra https://www.britishmuseum.org/collection

 

8. Metropolitan Museum – New York https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage – San Pietroburgo https://bit.ly/3cJHdnj

 

10. National Gallery of art – Washington https://www.nga.gov/index.html


jueves, 16 de abril de 2020

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

Bo día!

Agora que as biblioteca están pechadas, temos o recurso de poder acudir a  recunchos virtuais coma, por exemplo a

Biblioteca Dixital Mundial
https://www.wdl.org/es/ 

 A Biblioteca incorporouse en 2011 á World Dixital Library, proxecto apoiado pola UNESCO e liderado pola Biblioteca do Congreso de Estados Unidos. 
 Desde a Biblioteca Dixital Mundial pódese acceder, de maneira gratuíta e en formato multilingüe, a unha selección de obras de todos os continentes, consideradas fundamentais e representativas da cultura de cada país. 
 A contribución da Biblioteca comezou cunha colección inicial de 17 obras, que en 2013 ampliouse a 35. Entre elas atópanse algunhas das xoias máis emblemáticas da colección, como o Libro das táboas alfonsíes, o Atlas de Battista Agnese, o Amadís de Gaula, o Códice Daza de Lope de Vega, O poema do Cid ou O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha.
                     Mapas, textos, fotos, grabacións e películas de todos os tempos en sete idiomas.
Aproveitade!

martes, 14 de abril de 2020

VERBAS EN POSITIVO


Bo día!

Xa estamos de volta destas vacacións un pouco atípicas. E para comezar o terceiro trimestre con moito ánimo e forza, desde a biblioteca vos propoñemos que participedes na seguinte actividade. Fixemos entre todos e todas un tarro da felicidade e gustaríanos que o enchésedes con aquilo que vos fai máis felices. 



Quen empeza? Agardamos os vosos comentarios.

viernes, 3 de abril de 2020

OPERACIÓN ESPERANZA


A COVID-19 é unha enfermidade altamente contaxiosa, por elo, na liña do resto de medidas de corentena e limitación dos contactos, os pacientes ingresados con diagnóstico positivo permanecen illados e non poden recibir visitas, nin da súa propia familia nin dos amigos, o que supón un sufrimento emocional engadido.

Para tentar darlles apoio nestes duros momentos ponse en marcha Operación Esperanza, que quere encher de cartas e verbas de ánimo cada habitación dos hospitais de Ourense.


A iniciativa xurde como resposta a procura do servizo de Atención ao Paciente e Humanización de aliviar a soidade dos pacientes e de facerlles chegar o calor humán que a cidadanía está a expresar con centos de cartas, correos e mensaxes, que están a chegar aos hospitais por diferentes vías. Para elo, ven de habilitarse un correo electrónico ao que toda a cidadanía pode enviar as súas mensaxes de alento: voluntariado.ourense@sergas.es que se recollerán nun apartado accesible nas pantallas individuais de cada cama e habitación dos hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras.

As cartas tamén poden dirixirse para dar ánimos aos profesionais Con elo preténdese poñer en contacto virtual a todos os pacientes coa cidadanía, que tamén estes días afronta un período excepcional, a maioría de corentena na casa para axudar a limitar os contaxios e vencer a pandemia, e uns poucos loitando directamente desde os seus postos de traballo esenciais para a sociedade.

Fonte:  https://www.laregion.es/articulo/ourense/asi-puedes-enviar-animos-pacientes-ourensanos-coronavirus-hospitales-ourense/20200330143455935937.html

NÓS XA ENVIAMOS O MAIL:





E ti a que esperas?

MISTERIO NO BOTÁNICO.




Bo día!

Comezamos a partir de hoxe as vacacións de Semana Santa!!! Pero non vos imos deixar descansar sen antes resolver un misterio. 

http://www.rjb.csic.es/Botanico/misterio.php 



Esta mañá, os xornais informan sobre un estraño suceso… atopouse un cadáver nun escampado… pistas forenses… o escenario do crime puido ser o Real Xardín Botánico (CSIC)… E os sospeitosos? Hai varios entre o persoal.

 Convértete en detective. Un asasinato, seis sospeitosos, sete pistas e un espectacular xardín. 

Achégate e trata de resolver o misterioso asasinato ocorrido no corazón de Madrid, no Real Xardín Botánico (CSIC). 

Ao longo de 7 paneis interactivos, que poñerán a proba a túa perspicacia e os teus coñecementos en Botánica, terás a oportunidade de atopar ao culpable. Achégate e xoga! 

 Co patrocinio da FECYT, as unidades de Cultura Científica do Real Xardín Botánico, CSIC, en Madrid e do Jardí Botànic da Universitat de València, prepararon esta peculiar proposta divulgativa, en español, inglés e valenciano. As pistas que se ofrecen durante o xogo son de carácter científico e están deseñadas para que os participantes aprendan botánica mentres realizan unha actividade lúdica.


Boa sorte e a xogar!

jueves, 2 de abril de 2020

LSE: UN RETO DA WEB AULASGALEGAS


Boa tarde!

Na biblioteca do IES estabamos a realizar durante os recreos un curso de LSE e para que non se nos esqueza o aprendido, desde AULAGALEGAS dannos a oportunidade de practicar.


                               Fonte:LSE Ceip Quiroga Palacios




FONTE:  CEIP Quiroga Palacios


GÚSTANO MOITO ESTA INICIATIVA!

miércoles, 1 de abril de 2020

DÍA 1 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN.

BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA




Bo día!

En Baía Edicións están convencidos de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos.

 Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa, din desde Baía Edicións.



                                               Aquí tendes o enlace.

GRACIÑAS, BAÍA EDICIÓNS!