Saray, de 3º D, recomenda este libro que, próximamente, poderedes atopar nos andeis da nosa biblioteca.
Mentres tanto, ide adiantando a lectura deste libro co seu antecedente, Mentira, que xa se atopa á vosa disposición.
Absolto do cargo de asasinato, do que foi inxustamente acusado aos 14 anos de idade, e unha vez probada a súa inocencia, o agora novo Eric sae do Correccional de Menores tras catro anos de internamento. Con todo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos resultará unha realidade aínda máis dura: non volver caer na delincuencia cando a contorna parece empeñado niso, continuar os estudos, atopar un traballo, afastarse do seu barrio… Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que cría infranqueables, pero… será o amor unha forza suficiente para superar as dificultades agora?
No hay comentarios:
Publicar un comentario