ᴏᴘᴇʀᴀᴄɪóɴ ᴀʟᴍᴀᴄéɴ 7 nace do traballo conxunto dun par de arqueólogos (David e Lorena) con inquietudes polo mundo do entretemento, a educación e a divulgación do patrimonio cultural. A idea orixinal foi exposta nun TFM a modo de gamificación educativa, pero foi máis aló cando –financiado polo Ministerio de Cultura, e xunto con Golmersa Servizos– déronlles a oportunidade de desenvolver un videoxogo para dispositivos móbiles📲.
🏛 Museos🏺 Arqueología 📔 Historia 🔎 Misterio 🧩 Retos 🎮 Aventuras
🔴 𝗤𝘂e é ᴏᴘᴇʀᴀᴄɪóɴ ᴀʟᴍᴀᴄéɴ 7? 🔴
É un xogo expresamente pensado para público xuvenil (aínda que se pode animar calquera tipo de público a probalo).
O fin do xogo é a promoción de cultura e arte, así como a educación en valores patrimoniais e a divulgación de contidos históricos.
🎮 Trátase dun xogo con moito peso narrativo porque aquí as historias SI son importantes! 📖 🔎
Poñerémonos na pel dunha moza que recibirá unha misteriosa mensaxe que cambiará a súa vida e, con ela, descubriremos as reviravoltas de museos, bibliotecas e laboratorios de España.
⏩Con ᴏᴘᴇʀᴀᴄɪóɴ ᴀʟᴍᴀᴄéɴ 7, aprenderás mentres tentas dar cos culpables dun delito extravagante🧐 e te fas un oco no intrigante Departamento de Operacións Arqueolóxicas.
🕵️♂️🕵️♀️
https://operacionalmacen7.com/
Proxecto de gamificación deseñado por Lorena Garvin
(2021) para as unidades didácticas de 1º de ESO “Prehistoria” e
“Civilizacións fluviais” (Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro),
que sería modificado e readaptado aos obxectivos anteriormente citados desde unha perspectiva integral, coeducativa, multidisciplinar e transversal.
A DESFRUTAR DAS MERECIDAS VACACIÓNS !!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario