
Podedes atopalo na biblioteca do IES.
Ola, comunidade educativa!
Como ben sabedes, con isto das restriccións, este ano, a biblioteca non pode acoller aos seus usuarios e usuarias tanto como quixera.
Pero isto non impide, que na medida das nosas posibilidades, vos poidamos achegar un anaquiño da biblioteca as vosas aulas e aos espazos educativos que empregamos. Para mostra, aquí tendes unha exposición fotográfica, que podedes atopar en diferentes recunchos, titulada:
IMAXES PARA A REFLEXIÓN
Cal é a vosa obra favorita? Cal é a que vos fai reflexionar?
Agardamos os vosos comentarios.
Canción sobre o poema de Xela Arias "Darío a diario". Letras Galegas 2021
O equipo de docentes do Seminario comparte connosco os seus agardados materiais das Letras Galegas, este curso dedicados á figura de Xela Arias. Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, exposición de carteis, biografías, textos, cuestionarios, dípticos, pictogramas... ) tamén atoparedes fotografías e portadas de libros da autora para utilizar nas vosas propias actividades. Como novidade, cómpre destacar os xogos interactivos genially adaptados a todos os niveis educativos de educación infantil e primaria, ademais dun emotivo poema ilustrado, "Ninguén coma ti", convertido en canción.
Con motivo do Día das Letra Galegas, este ano, entregamos ao noso alumnado un libro titulado “Ao redor da Xeración Nós. Catro ourensáns e un rianxeiro” de Mercedes Pacheco que, como ben sabedes, non é posible comprender Galicia e a súa cultura sen a xeración Nós e o rico legado que deixou.
O volume actual recolle unha ampla visión do que foi o movemento Nós no contexto do seu tempo, incluíndo unha descrición da Galicia de principios do século XX e as biografías dos seus persoeiros.
A desfrutalo!
'Xela Arias. A palabra esgazada' é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021 composta por 6 capítulo breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora. O capítulo 1 céntrase nos primeiros anos de vida de Xela Arias, os transcorridos entre Sarria natal, a cidade de Lugo e o Vigo que a acolleu a partir dos 7 anos. Os demais episodios da serie, producida pola Real Academia Galega da man da produtora Miramemira, profundarán nos ambientes que condicionaron a ollada e a escrita de Xela Arias, en especial o urbano próximo á Movida dos 80; e nas súas distintas facetas, non só como escritora transgresora e en constante diálogo con outras artes, senón tamén como unha das primeiras profesionais do mundo da edición e da tradución nunha incipiente industria editorial que tiña como misión normalizar a lingua galega e fixar a normativa.
Darío Gil Arias - Xela Arias. Onde canta a poeta - Letras Galegas 2021