viernes, 29 de mayo de 2020

PROFE ROSA, QUE LIBRO ESTÁS A LER?

Bo día! 

Hoxe temos con nós a nosa querida profesora Rosa que nos vai contar que libros está a ler neste confinamento.
Tomade nota porque as súas aportacións literarias son realmente interesantes.


domingo, 24 de mayo de 2020

O CADÁVER EXQUISITO 2



Bo día! 
 
Aquí tendes unha pequena mostra do libro colaborativo que estades facendo. Sí, o estades facendo entre todos e todas.
Esperamos que sigades animados a participar e  colaborar para facer un relato con todas as vosas aportacións.
Podedes facelo a través de Comentarios no propio blog ou ben mandando a vosa continuación da historia ao email da biblioteca: biblioieslaboral@gmail.com


Para máis información:  https://biblioieslaboral.blogspot.com/2020/05/o-cadaver-exquisito-xogamos.html

lunes, 18 de mayo de 2020

PROFE RICARDO, QUE LIBRO ESTÁS A LER?


Seguindo con esta iniciativa, hoxe contamos co noso profesor de Matemáticas, Ricardo que nos vai falar das súas lecturas neste confinamento.

O equipo dinamizador da biblioteca quere agradecer enormemente todo o esforzo que está a realizar o profesorado participando nesta cadea literaria. Sabemos a cantidade de traballo que supón a ensinanza a distancia e agradécese moitísimo este nivel de implicación pola súa parte neste proxecto.
É todo un orgullo!!!! 

Profe Ricardo, que libro estás a ler?



                                                             A seguinte proposta é...

domingo, 17 de mayo de 2020

XOGA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

http://www.afiestradamestra.gal/


afiestradamestra.gal tráenos polo Día das Letras Galegas un "Break Out" dixital. 



É un xogo de pistas, códigos, investigacións... como unha serie de puzzles con informacións sobre o Día das Letras e sobre Carvalho Calero para ir descubrindo e que van dando contrasinais para ir de pista en pista obtendo información. 






Aquí tedes o enlace:
https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20 


jueves, 14 de mayo de 2020

PROFE XULIA, QUE LIBRO ESTÁS A LER?

O reto lanzado xa foi aceptado e realizado pola nosa querida profesora de galego, Xulia e aquí tedes as súas recomendacións literarias. 

Graciñas pola túa aclaración sobre nominacións e nomeamentos. Sempre se pode aprender cada día un pouquiño máis, verdade? 
Que para iso estamos no IES! 
Para aprender entre todos e todas nesta comunidade.
Gustounos moito a túa explicación!

Polo tanto,  quen será o seguinte proposto? 
Que pensades, queridos alumnos e alumnas?


                                                    
                                                             O seguinte é...

jueves, 7 de mayo de 2020

PROFES, QUE LIBROS ESTADES A LER?

 Hoxe, comenzamos unha nova sección no blog da biblioteca do noso IES Laboral.

E, de que se trata?, preguntaredes.

Pois que cada profesor vainos contar que libro está a ler neste período de confinamento.
A que vos apetece saber máis?

Pois, ao primeiro que propoñemos para iniciar este recuncho literario é ao noso vicedirector, Alex.

Profe Alex, que libro estás a ler?



                    
                                            A seguinte proposta é...

lunes, 4 de mayo de 2020

O CADÁVER EXQUISITO, xogamos?

O cadáver exquisito é un xogo inventado polos franceses surrealistas nos anos 20.


Tomaron a base dun antigo xogo de mesa chamado “consecuencias”, no cal os participantes debían escribir sobre un papel que se dobraba para ocultar o escrito. Daquela outro xogador pasaba a escribir e así sucesivamente.


Como se xoga? 

 Cada participante debe colocar unha frase, oración ou texto.
A partir dela, o seguinte colaborador continúa coa historia e así sucesivamente. Ao final, crearase unha historia que quedará ao descuberto ao xuntar todas as partes.
O papel e as palabras non son os únicos medios para crear un cadáver exquisito. Pódense usar debuxos e, a partir disto, crear obras de arte colectivas completamente surrealistas; un dos requisitos é que todos os participantes decidan un final común para a obra, non hai un tempo definido.

 Xogamos? 


Aquí tendes o comezo da nosa obra colectiva:  


O DÍA EN QUE CAMBIOU O MUNDO  

Sabía que aquel ía ser o primeiro día do resto da súa vida. Despóis de corenta e tantos días (xa perdera a conta) de permanecer confinada na súa casa (ó igual que o reso do planeta), ese sábado, por fin, ía poder saír a correr. 
Como botaba en falta o ar limpo da mañá antes de que o denso tráfico o estragase! 
Rápidamente, puxo as mallas e unha camiseta e calzou as deportivas. Baixou polas escaleiras (mellor non usar o elevador) e con enerxía fixo uns quecementos. Con enorme gañas abriu a porta e puxo un pé na calzada, máis de súpeto, quedou paralizada. O que viu na rúa quitoulle a capacidade de movemento, pois diante dela... 
(Aportación feita pola nosa coordinadora de bibiblioteca, Cristina)


Se queredes participar, podedes deixar a vosa producción en Comentarios e entre os máis votados da semana escolleríase cal é a continuación da historia iniciada e así nas vindeiras semanas.