BO NADAL de Biblioteca IES Universidade Laboral
martes, 22 de diciembre de 2020
jueves, 17 de diciembre de 2020
XA CHEGOU O NADAL AO IES LABORAL!
Xa estamos no mes de decembro, o mes do Nadal e non podía faltar
a nosa árbore de Nadal.
Este ano, a profe Mila Alonso e os seus alumnos de
1º de ESO e 1º de Bacharelato A,
na asignatura de Paisaxe e sustentabilidade
crearon unha combinación de natureza e cultura coma árbore de Nadal.
O resultado é este.
Un traballo fantástico!!! Noraboa!!!
Pero, isto no remata aquí!
Como nos gusta
a combinación de
libros e
natureza!
E temos máis cousas que contar!
Queremos amosaros un pequeno agasallo que nos deixaron na decoración de Nadal e que lle agradecemos a quen participou con esta idea.
Unha bágoa de cristal!
Gústanos moito ver que colaborades!
E se pensades que isto é todo, NON!
Aínda temos máis que contar. Un momento máxico.
Un reencontro inesperado
O 15 de nadal de 2020, tivemos na biblioteca un deses pequenos momentos máxicos.
A nosa querida compañeira Manoli (profe de lingua galega) tiña un exame cuns alumnos.
O mellor sitio para telos separados, gardando a distancia de seguridade era aquí.
Nun primeiro momento, pensaba ir corrixindo exames para pasar o tempo mentres facían a proba, pero, cousas da vida, esqueceu os exames no departamento, polo que colleu un libro dos que puxeramos por alí, xa que nos pareceron interesantes e contiñan fotos moi boas. De todos os libros que podería ter collido, ese foi o que acabou nas súas mans, un libro de patrimonio etnográfico de Galiza.
Pasando as follas, deu con fotos do seu concello (A Bola), unhas fotos nun taller de cesteiros (que poderia estar en Froias ou Espinal, e, mira por onde, recoñeceu a un veciño. Pero iso non é todo, fixouse nunha cestiña de tamaño minúsculo que aparecía en todas as fotos. Chamoulle a atención porque o seu tío regaláralle unha cestiña idéntica hai moitos anos. Nas fotos aparecía outro home, a parte do veciño, e Manoli, entre a cestiña e o taller, chegou á conclusión que ese outro home tiña que ser o seu tío.
Efectivamente, unhas páxinas máis adiante, alí estaba, Manolo, o tío Manolo Xa vedes, a maxia do nadal pode estar en calquera lugar. Unha cestiña preciosa serviu de reencontro entre dúas persoas despois de tantos anos, un reencontro que non podería darse na realidade, xa que Manolo deixounos hai algún tempo, pero quixo saudar á súa sobriña dalgunha maneira. Iso si que é unha cesta de nadal marabillosa!
Feliz nadal a tod@s, @s que están, @s que están no corazón, porque aquí seguiremos mentres ocupemos un lugar na memoria dos nosos, e dalgunha maneira a comunicación segue, aínda que sexa a través de obxectos que nos recordan ese vínculo.
Moitas grazas, Manoli, por compartir con todos nós este momento tan persoal.
Tamén, queremos mandar unha aperta moi forte a todo o pobo de As Quintas,
o pobo de Manoli.
E como non, a toda a comunidade do IES UNIVERSIDADE LABORAL que pasedes
un
BO NADAL!!!
miércoles, 9 de diciembre de 2020
ATREVESTE CUN MEME DE NADAL?
Este reto vai dirixido a toda a comunidade educativa do IES Universidade Laboral.
Sí, a todos e todas!
Coñecedes os famosos MEMES?
Pois, a nosa proposta ou, máis ben, o noso reto é que fagades
o voso propio meme de Nadal pero non un calquera
(iso sería moi fácil e hai moitos por Internet)
Nós queremos ver o voso inxenio,
a vosa retranca galega cun MEME
relacionado co IES, coa educación ou coa situación que estamos a vivir e que o
enviedes ao email da biblioteca.
biblioieslaboral@gmail.com
Teñen que estar en GALEGO!
ESTADES TODOS INVITADOS/AS A PARTICIPAR
Nestas páxinas web podedes crear o voso meme.
http://www.imagechef.com/ic/es/meme-maker/index.jsp
E aquí tedes o mellor buscador de imaxes GIF:
QUEN DE VÓS TEN MÁIS RETRANCA?