CONCURSO
2019-2020 (O TEXTO ESCRITO)
Bases
-
Estará exposta unha lista de libros nos que algún tipo de texto escrito será un factor importante no desenvolvemento da historia.
-
Cada participante elixirá os libros que quere ler, non hai límite (podes ler un ou podes ler todos)
-
A partir da lectura dos libros, faráse un traballo creativo sobre o aspecto que máis gustara ou que impactase dalgunha maneira ao lector(pode ser un comentario, debuxo, pintura, cómic, foto,etc.)
-
Os traballos entregaránse no despacho da bibilioteca, adxuntando un papel cun clip, no que figure o nome, apelidos e curso ao que se pertence) Esta información non deberá aparecer directamente sobre os traballos entregados.
Proceso
-
Constituiráse un xurado composto por 6 profesores, 4 membros do persoal non- docente e 10 alumnos pertencentes aos distintos grupos do centro.
-
Nunha primeira fase, faráse unha votación e clasificaránse 10 destes traballos para a fase final.
-
Na fase final decidiránse os 3 mellores traballos, que se clasificarán por orde de calidade.
Datas
-
Data límite de entrega: 10 de abril 2020
-
Resultado: 23 abril 2020 (Día do Libro)
Premios
-
Primeiro premio: unha tablet
-
Segundo premio: un e- book
-
Terceiro premio: un libro
-
Faránse fotos/ vídeos dos traballos e dos protagonistas, que aparecerán na Web do centro e no Blog da biblioteca.
Temos un cambio na lista de libros: O diario de Greg elimínase e, no seu lugar, incorpórase El diario secreto de Adrian Mole de Sue Towsend.
No hay comentarios:
Publicar un comentario