martes, 29 de octubre de 2019

CONTOS DE TERROR

Xa temos preparados os nosos contiños de terror. 
Se queredes, podedes pasar pola biblioteca para lelos. 
Tamén, os tendes aquí no blog para que disfrutedes deles en calquera momento. 
Veña, a pasar medo!!!!



CONTOS DE TERROR por Biblioteca IES Universidade Laboral

miércoles, 23 de octubre de 2019

XA QUEDAN POUCOS DÍAS


Xa queda pouco para festexar a semana do Samaín na biblioteca do noso instituto. 





Estades preparados para pasar medo?

miércoles, 9 de octubre de 2019

NOVIDADES LITERARIAS

NOVIDADES 09/10/2019 por Biblioteca IES Universidade Laboral

HISTORIAS DE TERROR

       
        CONTOS DE TERROR (ESO)




  • Escribe un conto de terror (límite 2 folios). Se non se che da ben escribir, fai un debuxo relacionado co Samaín para axudar a decorar a biblioteca.
  •  Os contos que considere o profesor/a profesora os mellores serán lidos pola persoa que os escribiu ou por quen queira o/a autor/a.


  • Cada grupo achegaráse á biblioteca nas horas que concerten os profesores/as e o persoal de biblioteca, durante toda a semana de Samaín.

  • Faránse fotos/ vídeos dos protagonistas, que aparecerán na Web do centro e no blog da biblioteca.

 

 Vídeo elaborado pola biblioteca do Ceip Mestres Goldar coa canción do grupo Mamá Cabra, incluida en "Patatín, patatán"

martes, 8 de octubre de 2019

CONCURSO: O TEXTO ESCRITO


                    CONCURSO 2019-2020 (O TEXTO ESCRITO)


Bases


  • Estará exposta unha lista de libros nos que algún tipo de texto escrito será un factor importante no desenvolvemento da historia.
  • Cada participante elixirá os libros que quere ler, non hai límite (podes ler un ou podes ler todos)
  • A partir da lectura dos libros, faráse un traballo creativo sobre o aspecto que máis gustara ou que impactase dalgunha maneira ao lector(pode ser un comentario, debuxo, pintura, cómic, foto,etc.)
  • Os traballos entregaránse no despacho da bibilioteca, adxuntando un papel cun clip, no que figure o nome, apelidos e curso ao que se pertence) Esta información non deberá aparecer directamente sobre os traballos entregados.



Proceso

  • Constituiráse un xurado composto por 6 profesores, 4 membros do persoal non- docente e 10 alumnos pertencentes aos distintos grupos do centro.
  • Nunha primeira fase, faráse unha votación e clasificaránse 10 destes traballos para a fase final.
  • Na fase final decidiránse os 3 mellores traballos, que se clasificarán por orde de calidade.



Datas

  • Data límite de entrega: 10 de abril 2020
  • Resultado: 23 abril 2020 (Día do Libro)

Premios

  • Primeiro premio: unha tablet
  • Segundo premio: un e- book
  • Terceiro premio: un libro
  • Faránse fotos/ vídeos dos traballos e dos protagonistas, que aparecerán na Web do centro e no Blog da biblioteca.

     Temos un cambio na lista de libros: O diario de Greg elimínase e, no seu lugar, incorpórase El diario secreto de Adrian Mole de Sue Towsend.









lunes, 7 de octubre de 2019

CONCURSO : BUSCAMOS UN LOGO




                          CONCURSO : BUSCAMOS UN LOGO

Bases

  • Nun folio tamaño A4, debuxa un logo, que represente á nosa biblioteca (Biblioteca Universidade Laboral de Ourense)
  • Entrégao no despacho da bibilioteca, co nome, apelidos e curso ó que se pertence, adxuntado cun clip. No folio do debuxo, non deberá aparecer ningún destes datos.


Proceso

  • A cada debuxo seralle adxudicado un número, de modo que non se saberá a quen pertence ata o final do proceso de selección.
  • Constituiráse un xurado, composto de 3 profesores, 2 membros do persoal non- docente e 4 alumnos (un representando á ESO, un ao Bacharelato, un ao ciclo formativo de automoción e un ao ciclo formativo de mecatrónica)
  • Este xurado votará polo mellor logo, que aparecerá no selo da biblioteca, nas etiquetas identificativas dos colaboradores de biblioteca, etc.



Datas

  • Data límite de entrega dos traballos: 21 Outubro 2019
  • Resultado : 30 Outubro 2019


     
    Haberá un único premio para o debuxo que resulte gañador.




  • Faránse fotos/ vídeos dos traballos e dos/as protagonistas, que aparecerán na Web do centro e no Blog da biblioteca.

sábado, 5 de octubre de 2019

UNHA NOVA AVENTURA




                                                  
    BENVIDOS, LECTOR@S!

Hoxe, día 5 de outubro, comezamos unha nova aventura inaugurando, neste curso escolar 2019/20, o blog da nosa biblioteca do IES Universidade Laboral.

Escollimos esta data porque neste día se celebra o



  co lema "Docentes xóvenes: o futuro da profesión"


 Con este blog, queremos abrir unha nova canle de comunicación entre a biblioteca e os nosos e nosas lector@s. Queremos que coñezades de primeira man todas as actividades que se fan, as novidades que chegan e, ao mesmo tempo, que poidades interactuar dunha maneira máis directa coa biblioteca do noso instituto.

De novo, benvid@s!