viernes, 15 de enero de 2021

Os catro aneis

 Unha das últimas novidades literarias que temos é este libro de María Oruña. Lembrades?


Pois que saibades que apareceron catro dos nove aneis dos que se fala na novela, dentro dunha bolsa de seda nun dos compartimentos xunto coas reliquias dos bispos na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil. 

Toda unha sorpresa. 

                                             Un achado importante que pode ser histórico!

 Os catro aneis que apareceron canda dous documentos son de prata, todos diferentes e segundo o proceso canónico dos nove bispos tiñan propiedades curativas.

                                   Estaban en paradoiro descoñecido desde hai séculos.

A lenda dos aneis mantívose desde os séculos X e XI, cando os bispos se retiraron ao mosteiro de Santo Estevo na Ribeira Sacra ourensá e que a escritora María Oruña relata no seu libro El bosque de los cuatro vientos.

A historia continuará e a lenda dos aneis milagreiros dos nove bispos pode agora ser unha realidade.

http://www.crtvg.es/informativos/atopan-catro-aneis-nas-reliquias-dos-bispos-santos-na-igrexa-se-santo-estevo-que-poderian-ser-os-aneis-milagreiros-4679950

Un motivo máis para ler este libro!


martes, 12 de enero de 2021

Estanterías con mensajes

 Hoy nos hacemos eco de una noticia.

Un artista utiliza una estantería con títulos de libros para enviar mensajes esperanzadores contra el Covid 19

La imagen de una auténtica estantería que muestra una gama de libros desde It de Stephen King a Still de Adam Thorpe y que oculta un mensaje sobre el ascenso y la esperanzadora salida del coronavirus. 

Al principio muy poca gente se dio cuenta del mensaje, pero pronto algún ávido lector lo percibió y durante esta semana se ha hecho viral en redes sociales. 

¡Simplemente genial!

 El mensaje dice...

No, no os lo vamos a contar, queremos que seáis vosotros los que nos escribáis con la solución del enigma.

              ¿Quién es capaz de descifrarlo?

                     ¿De qué artista se trata?

                                                       Esperamos vuestros comentarios.

 

 Alguna biblioteca como la Torrente Ballester de Salamanca, ha utilizado está técnica para el día del libro.  

Pedir a los lectores que manden pequeñas poesías compuestas con libros que tienen en casa a modo de haiku. 

¿A alguien le apetece mandarnos su composición literaria hecha con sus propios libros?

 

sábado, 9 de enero de 2021

EL TEMPLO DE LAS MIL PUERTAS

 Benvidos a este novo trimestre deste novo ano. 

 

 El Templo de las Mil Puertas

 

Comezamos cunha recomendación online dunha revista de literatura xuvenil, gratuita e bimestral chamada  

EL TEMPLO DE LAS MIL PUERTAS

 La imagen puede contener: planta, árbol, hierba, exterior y naturaleza, texto que dice "Revista online de literatura juvenil Número 79 DICIEMBRE 2020 TEMPLO DELMIL PUERTAS"

 


Nesta revista podedes ler reseñas de libros, entrevistas, reportaxes...

Están ao día das novidades recén publicadas pero non esquecen os libros que xa levan uns anos publicados.

 

Tomaron o nome de La historia interminable. 

O Templo das Mil Portas é un lugar 

ao que se pode chegar desde calquera porta do mundo 

e que pode levarche a calquera outro lugar, 

unha bonita metáfora da lectura. 


 Que disfrutedes da súa lectura!!

jueves, 17 de diciembre de 2020

XA CHEGOU O NADAL AO IES LABORAL!


 Xa estamos no mes de decembro, o mes do Nadal e non podía faltar

 a nosa árbore de Nadal. 

             Este ano, a profe Mila Alonso e os seus alumnos de  

1º de ESO e 1º de Bacharelato A,

na asignatura de Paisaxe e sustentabilidade 

crearon unha combinación de natureza e cultura coma árbore de Nadal.

O resultado é este.




 
 
A profesora Mila, moi amablemente, cóntanos cal é a esencia desta expresión artística:
 
Cal é a orixe dos libros?
As árbores. Os libros son os seus fillos.
O que acabades de construir é unha árbore de libros. Nesta época do ano, é común talar árbores para decorar as nosas casas, pero talar é o mesmo que acabar con elas. (Non so cas árbores, tamén con tódolos seus habitantes e cos lazos que as unían ó bosque. Resulta moi estrano pensar que alguén pode estar na súa casa decorada cunha árbore cortada e lendo tranquilamente un libro, un fillo seu, sen darse conta dese parentesco).
Con esta acción, dámonos conta de que non é preciso decorar acabando coas árbores, podemos facelo con outras cousas, con materiais que a natureza nos regala de forma xenerosa, pinas, ramas secas, follas... Así pintamos estas follas recollidas do noso bosque e construimos estrelas con ramas. E fixemos unha árbore de libros! Bo nadal!
 








Un traballo fantástico!!! Noraboa!!!

 



Pero, isto no remata aquí!

 

Moi preto da nosa querida biblioteca, podedes apreciar máis expresións artísticas do Nadal coma esta.


 

Como nos gusta 

a combinación de 

libros e 

natureza!

 

 

E temos máis cousas que contar! 

Queremos amosaros un pequeno agasallo que nos deixaron na decoración de Nadal e que lle agradecemos a quen participou con esta idea.

Unha bágoa de cristal! 

Gústanos moito ver que colaborades!

 

E se pensades que isto é todo, NON!

Aínda temos máis que contar.  Un momento máxico.


Un reencontro inesperado 

O 15 de nadal de 2020, tivemos na biblioteca un deses pequenos momentos máxicos.

A nosa  querida compañeira Manoli (profe de lingua galega) tiña un exame cuns alumnos.

 O mellor sitio  para telos separados, gardando a distancia de seguridade era aquí.

Nun primeiro momento, pensaba ir corrixindo exames para pasar o tempo mentres facían a proba,  pero, cousas da vida, esqueceu os exames no departamento, polo que colleu un libro dos que  puxeramos por alí, xa que nos pareceron interesantes e contiñan fotos moi boas. De todos os libros  que podería ter collido, ese foi o que acabou nas súas mans, un libro de patrimonio etnográfico de  Galiza.

Pasando as follas, deu con fotos do seu concello (A Bola), unhas fotos nun taller de cesteiros (que  poderia estar en Froias ou Espinal, e, mira por onde, recoñeceu a un veciño. Pero iso non é todo,  fixouse nunha cestiña de tamaño minúsculo que aparecía en todas as fotos. Chamoulle a atención  porque o seu tío regaláralle unha cestiña idéntica hai moitos anos. Nas fotos aparecía outro home, a  parte do veciño, e Manoli, entre a cestiña e o taller, chegou á conclusión que ese outro home tiña  que ser o seu tío. 

 

 

Efectivamente, unhas páxinas máis adiante, alí estaba, Manolo, o tío Manolo Xa vedes, a maxia do nadal pode estar en calquera lugar. Unha cestiña preciosa serviu de reencontro entre dúas persoas despois de tantos anos, un reencontro que non podería darse na realidade, xa que  Manolo deixounos hai algún tempo, pero quixo saudar á súa sobriña dalgunha maneira. Iso si que é  unha cesta de nadal marabillosa! 

 


 

Feliz nadal a tod@s, @s que están, @s que están no corazón, porque aquí seguiremos mentres  ocupemos un lugar na memoria dos nosos, e dalgunha maneira a comunicación segue, aínda que  sexa a través de obxectos que nos recordan ese vínculo.

 

 

 

Moitas grazas, Manoli, por compartir con todos nós este momento tan persoal. 

Tamén, queremos mandar unha aperta moi forte a todo o pobo de As Quintas, 

o pobo de Manoli. 

 

 

 

E como non, a toda a comunidade do IES UNIVERSIDADE LABORAL que pasedes 

 

un

 

BO NADAL!!!