jueves, 16 de noviembre de 2023

I CONCURSO MICRORRELATOS DA BIBLIOTECA IES UNIVERSIDADE LABORAL

 I CONCURSO MICRORRELATOS 2023/2024

BIBLIOTECA IES UNIVERSIDADE LABORAL


A biblioteca do IES Universidade Laboral de Ourense convoca un concurso de microrrelatos dirixido a 1º e 2º de ESO.


O concurso consiste na elaboración dun microrrelato que cumpra cos seguintes requisitos:


1. Extensión máxima: 140 caracteres. Os espacios non contan  (Ex. “A casa” igual a 5 caracteres)


2. Debe presentar como mínimo tres oracións que se correspondan cas tres partes da narración: introdución, nó e deselance. Poderás redactar tanto en lingua castelá como en galego.


EXEMPLO: El mundo se le hacía pequeño desde su ventana. Ella soñaba con conocer lo que no veía desde allí. Rompió las cadenas y voló libre.


3. Temática. Deberaste inspirar na seguinte imaxe:



4. Os microrrelatos presentaranse redactados a man nun folio DIN A4 e entregaránse no departamento de Lingua castelá ou ao profe de lingua castelá.


5. Prazo de entrega: ata o día 5 de decembro.


6. Haberá tres premios:  1º un bono de 15 € para a cafetería do IES. 

 2º un bono de 10 € para a cafetería do IES.

 3º un bono de 5 € para a cafetería do IES.


miércoles, 18 de octubre de 2023

YINCANA NA BIBLIO

  Ca finalidade de que os novos alumnos no IES de 1º ESO coñeceran a nosa biblio levamos a cabo unha yincana na biblioteca. Tiveron que buscar pistas agochadas polas distintas seccións para averiguar unha mensaxe secreta. Tamén aprenderon a ler as sinaturas dos libros. Todo enfocado a facilitar o préstamo de libros e para que visiten a biblioteca.






viernes, 2 de junio de 2023

Cal é o teu refuxio?

 Que libro é o teu refuxio?  

Agardamos as vosas respostas!

 


 

Remata o curso e remata o blog!
 
É un ata logo á espera de que un novo equipo colla o temón deste barco e inicie unha etapa chea de propostas emocionantes.
 
Ata ese momento, a desfrutar coa lectura!!!

 

 

 

lunes, 15 de mayo de 2023

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Francisco Fernández del Riego é o pai intelectual do Día das Letras Galegas, a festa que neste 2023 está dedicada á súa figura e ao seu legado.

 'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu'

 

'Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu' é unha serie documental de seis episodios sobre o intelectual ao que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2023, producida pola propia e institución e realizada pola produtora Miramemira co apoio económico da Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

 

Día das letras galegas de Biblioteca IES Universidade Laboral

viernes, 5 de mayo de 2023

SEMANA DO LIBRO

 


COZY MYSTERIES, que son?


 

'Cozy' mysteries

 Hai un «asasinato amable» (basicamente, esa ausencia de elementos gore).

Hai un argumento secundario romántico (no que unha parella acaba atopando o amor mentres resolve o crime en cuestión).



Hai unha investigación amateur (non hai policías nin detectives profesionais, senón alguén que sente que necesita saber a verdade e lánzase a por iso) e

 teñen un «compañeiro peludo», habitualmente un gato ou un can, e que o cadro de persoal de protagonistas adoita incluír a secundarios excéntricos. 

 


En moitas destas historias, tamén é habitual que se mencionen hobbies vinculados a manualidades (que non é estraño que alguén faga tortas).

Xa sabedes, se vos interesa podedes atopar estes libros na biblioteca do IES para empréstito.

Murder, but gentler

A Guide to Cozy Mysteries

Fonte:  https://www.libropatas.com/mundo-editorial/que-son-exactamente-los-cozy-mysteries/