Ca finalidade de que os novos alumnos no IES de 1º ESO coñeceran a nosa biblio levamos a cabo unha yincana na biblioteca. Tiveron que buscar pistas agochadas polas distintas seccións para averiguar unha mensaxe secreta. Tamén aprenderon a ler as sinaturas dos libros. Todo enfocado a facilitar o préstamo de libros e para que visiten a biblioteca.