viernes, 21 de abril de 2023

NÓS XA VOTAMOS, E TI?

 Non sei se o sabedes pero o IES está a participar nun concurso chamado Cantamos coas mans

organizado pola

Logo



 

Podedes votar pola nosa candidatura no seguinte banner:

O prazo finaliza este xoves 27 de abril!

 NÓS XA VOTAMOS, E TI?

 

Que mensaxe queremos transmitir con esta canción?

Que queremos dicir con quéreme ben, quérete ben?

É unha oda ás relacións sas: relación cun mesmo, relación de amizade, relación familiar, relación de amor...

No noso centro consideramos algo fundamental a convivencia e o respecto dentro da comunidade educativa e quixemos transmitir coa letra da canción que tratarse ben a un mesmo e tratar aos demais de forma positiva é un dos pilares da educación.

Primeiro debemos querernos a nós mesmos para logo querer aos demais. 

Esta é a nosa pequena aportación!!!

Entrevista al cantante Macaco









 

Axudante de biblioteca

Sabedes como se chama este axudante de biblioteca?

 Ten nome dunha xoia literaria!

momo de Biblioteca IES Universidade Laboral

 


"Momo" de Michael Ende, un clásico

"Momo" fai unha forte crítica a como se malgasta o tempo. Nas sociedades contemporáneas o tempo converteuse nun ben que se compra e se vende. Este libro expón como o tempo pode converterse nun elemento mercantil máis e porque é necesario non deixar que o diñeiro determine como o empregamos. Noutras palabras, o libro insta as persoas a ir máis aló e empregar o tempo naquilo que nos enche e nos achega beneficios non materiais.

A satisfacción non está no consumo.

 Toda a engrenaxe da sociedade actual enfócase a facer posible o consumo. Estendeuse a idea de que a maior satisfacción está en comprar, e en ter diñeiro para facelo. Por iso perdeuse o interese polas actividades que non viren ao redor desa lóxica; con todo, Momo demostra que ese é, máis ben, un camiño cara á infelicidade.

 

 “Existe un misterio muy grande que, aun así, es totalmente cotidiano. Todas las personas son partícipes de ese misterio, todos lo conocen, pero solo unos cuantos piensan sobre ello alguna vez. La mayor parte de la gente se limita a tomarlo tal cual, y no muestra el menor asombro. Ese misterio es el tiempo. Hay calendarios y relojes para medirlo, aunque eso no significa gran cosa, ya que todos sabemos que una sola hora nos puede parecer una eternidad, pero de vez en cuando también puede pasar como un instante… Depende de lo que experimentemos durante esa hora. Porque el tiempo es vida. Y la vida reside en el corazón. […] Y cuanto más lo ahorraban los seres humanos, menos tenían”- Michael Ende,

 “Momo”.

 "Momo" é unha novela que toca o corazón dos lectores de todas as idades, con ensinanzas e reflexións sobre a importancia de vivir con plenitude, valorar a conexión humana e non deixar que o tempo se esvaeza en trivialidades. É unha obra atemporal que continua sendo relevante hoxe en día, e que sen dúbida deixará unha pegada duradeira nos corazóns dos lectores.

Fontes:  https://eresmama.com/8-ensenanzas-momo-adolescentes/

https://carlosjeguren.com/critica-de-momo-de-michael-ende/ 

viernes, 14 de abril de 2023

BANCOS LITERARIOS

                   Ao percorrer as rúas da capital española, descobre bancos que parecen libros abertos. 

                Son máis que simples asentos nas rúas da cidade, son verdadeiras obras de arte literarias.

lunes, 10 de abril de 2023

IMAXES LITERARIAS




  George Van Hook (1954) é un pintor impresionista, nacido en Abington, PA, USA, autor dunha serie de cadros protagonizados por mulleres lendo en situacións diversas.

                                      Fonte:  https://www.facebook.com/librosycafedeVirginia