viernes, 25 de febrero de 2022
jueves, 24 de febrero de 2022
domingo, 20 de febrero de 2022
viernes, 18 de febrero de 2022
jueves, 17 de febrero de 2022
lunes, 14 de febrero de 2022
ANACOS DE POESÍA: 14 DE FEBREIRO
miércoles, 9 de febrero de 2022
14 DE FEBREIRO: Día do amor e a amizade
Cales son as cartas de amor máis famosas da historia?
Nesta época do Tinder, o Whatsapp, Skype, Hangout, Snapchat e demais, temos bastante complicado recibir unha carta de amor. Polo menos, unha de propia man.
Existen cartas de amor tan marabillosas que perduraron ao longo da historia e fixéronse famosas. Ben porque o seu autor era alguén coñecido ou ben porque era absolutamente conmovedoras.
Aquí podedes ler unha carta que Beethoven lle escribe a unha misteriosa muller da cal está profundamente namorado. Tecnicamente ela era o seu máis prezado tesouro, con todo, ninguén nunca soubo quen era esta misteriosa muller, Beethoven nunca a mencionou nas súas cartas ou nalgún momento da súa vida.
Neste enlace web http://www.yeray.com/generadorcartas/ podedes crear en cuestión de minutos unha carta con aspecto antigo.
Aquí a nosa creación:
sábado, 5 de febrero de 2022
REVISTAS EDUCATIVAS DIXITAIS
Non sei se sabedes que temos unha pequena variedade de revistas educativas dispoñibles para ler en liña.
Unha destas revistas é Vokare.
Vokare naceu en pleno confinamento do 2020. Diferentes mestres de distintos lugares que se xuntaron virtualmente e que crearon este proxecto.
Fonte: https://sites.google.com/view/vokareeducacion/vokare-xpress/xpress-21-22
Por outra banda pero na mesma liña, podedes ler a revista Clase na que atoparedes recomendacións de libros, artigos educativos, experiencias que levaron a cabo docentes e que quixeron compartir nesta publicación e unha selección de apps e web para a aula, materiais e xogos para clase totalmente gratuítos e pasatempos.
Neste terceiro número da revista Clase participaron un total de 28
contas de Instagram, que aparecen referenciadas para que poidades ir aos
seus perfís e coñecelas mellor.
Coñecedes algunha máis?
Agardamos os vosos comentarios!