Unha das últimas novidades literarias que temos é este libro de María Oruña. Lembrades?
Pois que saibades que apareceron catro dos nove aneis dos que se fala na novela, dentro dunha bolsa de seda nun dos compartimentos xunto coas reliquias dos bispos na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Toda unha sorpresa.
Un achado importante que
pode ser histórico!
Os catro aneis que apareceron canda dous documentos son de prata, todos
diferentes e segundo o proceso canónico dos nove bispos tiñan
propiedades curativas.
Estaban en paradoiro descoñecido desde hai séculos.
A lenda dos aneis mantívose desde os séculos X
e XI, cando os bispos se retiraron ao mosteiro de Santo Estevo na
Ribeira Sacra ourensá e que a escritora María Oruña relata no seu
libro El bosque de los cuatro vientos.
A historia continuará e a lenda dos aneis milagreiros dos nove bispos pode agora ser unha realidade.
Un motivo máis para ler este libro!