martes, 28 de enero de 2020

30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.




Para traballar o "Día escolar da non violencia e da paz" temos moitos recursos na Rede que poden complementan o traballo que se fai nas aulas.

                                                         MELLOR NEGOCIAMOS

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1336650484/contido/comun/index.html?ln18=gl&pathODE=../sd05/sd05_oa00/&maxScore=88&titleODE=.:%20Estratexias%20para%20a%20resoluci%F3n%20de%20conflitos:%20a%20negociaci%F3n%20:.&navmode=PRIM
  
Nivel educativo:  4º de ESO
  Área: Educación para a cidadanía e os dereitos humanos
  Autores: Consellería de Cultura, Educación e O.U.
Procedencia: Repositorio de contidos do espazoAbalar
Descrición: Este ODE ten o obxectivo de valorar e fomentar a negociación como forma ideal de resolver conflitos.



A ANÁLISE E A EMPATÍA

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1336649617/contido/comun/index.html?ln18=gl&pathODE=../sd04/sd04_oa00/&maxScore=88&titleODE=.:%20Estratexias%20para%20a%20resoluci%F3n%20de%20conflitos:%20a%20an%E1lise%20e%20a%20empat%EDa:.&navmode=PRIM

 Nivel educativo:  3º de ESO
   Área: Educación para a cidadanía e os dereitos humanos
   Autores: Consellería de Cultura, Educación e O.U
Procedencia: Repositorio de contidos do espazoAbalar
Descrición: Este ODE ten o obxectivo de ensinar ao alumnado estratexias para enfrontarse aos conflitos que xurdan na aula.




Fonte:  http://engalego.es/conmemoracions/1/index.html



O documental The Day After Peace en formato curtametraxe, intenta explicar a filosofía do Día Mundial da Paz.


Este proxecto traballouse durante 10 anos en distintos lugares do planeta e apóiase en testemuñas de nenos que están a vivir en guerra e de organizacións internacionais.


E non podía falta a música nun día coma este.

domingo, 26 de enero de 2020

COLABORADOR DE BIBLIOTECA: ÁLEX


Álex é un dos nosos colaboradores de biblioteca.

Álex está a estudar FP Básica, é natural de Ourense e leva 4 anos estudando na Universidade Laboral. Gústalle axudar e por esa razón fíxose colaborador de biblioteca.
Como repetiu dúas veces, tomou a decisión de estudar FP Básica. De ser colaborador na nosa biblioteca di que lle gusta todo. Ten moitos soños para o futuro, pero aínda non ten moi claro o que vai facer. Recomenda ler o libro The Giver de Lois Lowry.

Se ti tamén queres ser colaborador ou colaboradora de biblioteca, non o dubides e apúntate! Queremos contar contigo! 

sábado, 25 de enero de 2020

NOVO ANDEL






Na biblioteca non soamente temos novidades literarias, senón que tamén temos novidades no mobiliario. 
Unha desas sorpresas é este andel no que podedes consultar todos os libros que acaban de chegar. 



Que vos parece?


jueves, 23 de enero de 2020

ENIGMA



               Como podedes comprobar as actividades na biblioteca non paran. 
   Queremos que resolvades un ENIGMA!


Sabedes que temos unha fermosa colección de máquinas de escribir. Pois en cada unha delas aparece, para resolver, un enigma sinxelo ou non? De ti depende.


Coma os famosos detectives, Sherlock Holmes e o Doutor Watson, podedes intentar dar coa resposta.


Quen nos conta a solución do primeiro dos enigmas propostos?



martes, 21 de enero de 2020

COLABORADOR DE BIBLIOTECA: HÉCTOR




Héctor é un dos nosos colaboradores de biblioteca.

Héctor estuda 4º da ESO. Veu de Ourense desde Guinea Ecuatorial para estudar e por cuestións de saúde.
O que máis bota en falta do seu país é a comida, á xente de alí e sobre todo á súa familia.
De aquí, gústalle o acento, o clima e a amabilidade da xente.
Decidiu facerse colaborador de biblioteca porque quería facer cousas novas e saír da súa zona de confort. Os aspectos da súa labor como colaborador que máis destaca son a capacidade que lle da para axudar e para manterse informado. 
No futuro, gustaríalle ser informático.

viernes, 17 de enero de 2020

1. ADIVIÑA, adiviñanza.




Moi bos días de venres!

Xa estamos a finais de semana e por iso querémosvos propoñer un novo xogo literario.

Recoñecedes este principio de novela?
Podedes dicirnos a que obra pertence?


  
Animádevos e poñede a proba os vosos coñecementos literarios. 
En breve, daremos a resposta.
Podedes participar deixando os vosos comentarios no enlace que tendes fóra desta entrada e que indica "comentarios". 




lunes, 13 de enero de 2020

COLABORADORA DE BIBLIOTECA: ANA





  
Ana é unha das nosas colaboradoras. 

Ana ven de Barrocanes e estuda primeiro de FP Básica porque lle gusta a mecánica.
Leva catro anos na Universidade Laboral e este ano fíxose colaboradora de biblioteca porque lle gusta moito axudar.
O que máis lle gusta do seu traballo na biblioteca é quitar as pegatinas dos tejuelos antigos.
Ten un sono para o futuro: traballar na UNVI.

Benvida, Ana!

jueves, 9 de enero de 2020

NOVIDADES LITERARIAS DE XANEIRO

Comezamos este segundo trimestre mostrando as novidades literarias que chegaron aos nosos andeis. 
 A que esperades para recollelas?
NOVIDADES XANEIRO 2020 por Biblioteca IES Universidade Laboral