lunes, 25 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO: Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller



NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO by Slidely Slideshow




Hoxe, 25 de novembro, dende a biblioteca do IES quixemos participar no día de NON á violencia de xénero con estas actividades que se fixeron e que podedes ver no noso espazo de cultura.















Tamén Rosalía nos acompaña este día coa seguinte canción:

jueves, 21 de noviembre de 2019

NON Á violencia de xénero!



O día 25 de novembro é o Día Internacional contra a violencia de xénero e, dende a biblioteca do IES Univerdade Laboral, queremos concienciar  á comunidade educativa da importancia que ten a educación para erradicar esta lacra social. 
Aquí tendes uns petiscos literarios en feminino! 
Temos máis actividades preparadas para ese día. 
Estade atentos!





 En outubro de 2019 un total de 4 mulleres foron asasinadas vítimas da violencia machista. 


As vítimas mortais por mor da violencia de xénero no que vai de ano ata outubro de 2019 ascenden a 52, segundo o último balance do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.






Reggaetón compuesto por Miguel Ángel Maroto Negrete y realizado por el alumnado y profesorado del IES Maestro Juan de Ávila, en Ciudad Real.


domingo, 17 de noviembre de 2019

THRILLER CON GÓMEZ-JURADO


Como podedes comprobar xa temos a última novela de Juan Gómez-Jurado. 

O thriller que os 250.000 lectores de Reina Roja agardaban.
 Volve o tándem formado por Antonia Scott, unha muller cunha mente privilexiada e o ex axente de policía, Jon Gutiérrez.
 


 Hai un misterio que resolver, personaxes apaixonantes e segredos en cada páxina. A que esperades?


Aquí tendes algunhas das críticas recollidas:

«Es literalmente imposible no engancharse. Antonia Scott es lo mejor que le ha ocurrido al thriller internacional en los últimos años.»
ABC

 «El mejor escritor de thriller de Europa es Juan Gómez-Jurado.»
Zenda

«Gómez-Jurado, autor en auge internacional, ha hilado un personaje cautivador, el de Antonia Scott.» La Vanguardia

 «Atrapa irremediablemente al lector.»
 Booklist

E a túa opinión? Cal é?



jueves, 14 de noviembre de 2019

XADREZ, ALGO MÁIS CA UN XOGO



Dentro da dinamización que está experimentando a biblioteca, queremos comentarvos que se vos apetece botar unhas partidiñas de xadrez, tendes a vosa disposición todos estes taboleiros.




O xadrez é un dos xogos máis antigos do mundo, pois se remonta a hai máis de 1500 anos.

Ten moitos beneficios:
  Une ás persoas. 
Ensínache a gañar e perder. 
 Pode axudarche a concentrarte.
 Desenvolve a creatividade. 
 Aumenta a autoestima. 
Desenvolve a capacidade de resolver problemas. 
Exercita o cerebro. 
Axúdache a estar tranquilo.
Pode ser algo moi adictivo.




Quen quere xogar?

jueves, 7 de noviembre de 2019

MÁIS NOVIDADES LITERARIAS




Temos novas adquisicións para desfrutar na nosa biblioteca de autores como Nando López, Carmen Martín Gaite, Rosa Huertas ou Almudena Grandes.



 'O lector de Julio Verne' é a segunda entrega dos Episodios dunha Guerra Interminable, o proxecto narrativo de Almudena Grandes integrado por seis novelas independentes que comezou con gran éxito con 'Inés e a alegría'.

Aquí tedes o booktrailer:



 


Outra novela que vos convidamos a ler é:



 Unha novela para falar dos prexuízos coa mocidade.