A biblioteca formou parte dun Samaín terrorífico onde os alumnos de Oratoria asustaron, secuestraron e contaron a misteriosa desaparición dun bedel...
Biblioieslaboral
viernes, 14 de noviembre de 2025
miércoles, 15 de octubre de 2025
Club de lectura 2025-26
Estas son as lecturas para o primeiro trimestre no Club de lectura do IES Universidade Laboral. Podedes pasar pola biblio para collelos en préstamo.
miércoles, 24 de septiembre de 2025
Catálogo KOHA. Curso 25-26.
Neste novo curso xa podes consultar o catálogo da bibioteca do IES dende o enlace:
https://iesuniversidadelaboralourense.edubib.xunta.gal/
jueves, 15 de mayo de 2025
Club de lectura en 1º de ESO
Os participantes no club de lectura de 1º de ESO disfrutaron do 9 ao 11 de abril dunha marabillosa excursión: Foz, praia das Catedrais, Cudillero e Fuente De para finalizar co descenso do Sella. Natureza, convivencia e experiencias inolvidables.
Ruta literaria de 3º de ESO do Club de lectura
Durante catro días visitamos distintas vilas e cidades con interese literario.
O primeiro día paseamos polos muiños de Consuegra, a praza maior de Almagro e continuamos a nosa travesía ata Baeza, onde deu clase o poeta Antonio Machado e visitamos a almazara El alcázar. Xa en Granada, coñecimos a Alhambra, paseamos polas rúas do Albaycín onde recitamos o romancero de Lorca e rematamos co encontro ca autora Rosa Berbel. Unha saída chea de anécdotas na que tivemos ata tempo de ir a coñecer a praia de Salobreña!
miércoles, 14 de mayo de 2025
23 de abril "Día do libro"
O 23 de abril celebramos o Día do Libro regalando lecturas entre toda a comunidade educativa do centro. Nunha nova edición do amigo lector invisible cada participante tivo que agasallar cun libro a un/unha amigo/a invisible. En data tan sinalada non podían faltar os claveis para completar o agasallo.
jueves, 13 de marzo de 2025
Encontro con Nando López
O martes 11 de marzo o alumnado de 1º e 2º de ESO mantivo un encontro na biblioteca do IES co autor Nando López. Os alumnos leron a obra "La foto de los 10.000 me gusta" e puideron compartir co escritor reflexións e comentarios sobre a lectura, así como distintas cuestións sobre o proceso de escribir. Moi enriquecedor e moi agradecidos a Nando López.



























